Novas por contido

A CIG ven de preguntarlle á Dirección Xeral de Emprego Público como vai afrontar a limitación a 3 anos das contratacións laborais temporais e os nomeamentos de persoal interino posteriores ao Icetazo (Real Decreto-lei 14/2021).

Este establece que para a cobertura de prazas vacantes a persoa funcionaria interina ou laboral temporal terá unha permanencia máxima de 3 anos nese posto. Porén, establécese unha excepción importante: "o persoal funcionario interino poderá permanecer na praza que ocupe temporalmente, sempre que se publicara a correspondente convocatoria dentro do prazo dos tres anos, a contar dende a data do nomeamento do funcionario interino. Neste suposto poderá permanecer ata a resolución da convocatoria."

O mesmo estipula a Lei 20/2021, pero a entrada en vigor desta cláusula que modifica o EBEP foi o 08/07/2021 co Icetazo. Dende esa data xa hai contratos e nomeamentos nos que se reflicte a limitación de 3 anos, polo que en menos de 2 meses comezarán a cesar moitas persoas temporais automaticamente, a non ser que entre en acción o mecanismo excepcional.

Tendo en conta que a excepción da que damos conta opera cando a praza ocupada por persoal interino ou temporal é convocada a través de calquera dos mecanismos de provisión e mobilidade previstos na normativa, parece obvio que neste momento, cando PRACTICAMENTE TODAS as prazas desta administración están convocadas nun ou varios deses mecanismos de provisión e mobilidade se poida considerar que é razoábel que a relación laboral se estenda ata que as prazas se cubran mediante algún dos citados mecanismos.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...