Novas por contido

A CIG traslada diversos problemas derivados da aplicación do Acordo de Condicións de Traballo de Política Social, á Comisión de Seguimento, ante a falla de resposta por parte do Consorcio.

• Dende a aplicación do Acordo nas escolas infantís do Consorcio, co paso a 35 horas semanais efectivas de traballo, son numerosas as dificultades que se están a dar nos centros para poder desenvolver as funcións que non son de atención directa.

• Logo da circular enviada ás escolas por parte da Xerencia Adxunta con indicación de realizar as 35 h semanais de atención directa, o día 10/05/2024 as direccións das escolas infantís do Consorcio recibiron un documento cunhas orientacións sobre as accións educativas nos centros, indicando a posible organización dos tempos para a planificación, atendendo á realidade de cada centro, sen especificar os tempos dos que dispoñen dentro da xornada para facelo, recaendo a organización do traballo nas propias traballadoras de cada centro, sendo responsabilidade da empresa.

• Non se nos facilitan uns criterios unificados para a devolución do exceso horario do mes de xaneiro.

• Non se nos envía unha nova proposta de horarios, pendente por parte da Administración, logo de solicitala en varias ocasións.

Por outra banda, a CIG solicitou unha xuntanza co Xerente polas dificultades que ten o persoal do Consorcio e a representación sindical da CIG na comunicación cos diferentes departamentos dos SSCC, ben por falla de resposta, dificultades para contactar ou contestacións pouco aclaratorias sobre as dúbidas formuladas, mesmo con actitudes moi reprobables, como faltas de educación e respecto.

Outras novas recentes

Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...