Novas por contido

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEPAP) vén de remitirnos a seguinte información sobre o concurso de traslados da administración xeral:

No web da Xunta de Galiza foi publicada unha nota aclaratoria  na que se expón con claridade que persoas están obrigadas a participar no concurso de traslados, e onde se aclaran as dúbidas xurdidas sobre o anexo de postos e sobre como encher a solicitude de participación.

Novas relacionadas

Outras novas recentes

Domingo, 22 Novembro 2026

Modificación da RPT de Emprego

O venres 13 e xoves 19 tivemos dúas reunións coa Consellería de Emprego para abordar a modificación da RPT. A consellería retoma, despois de máis dun ano e medio e de retirar case 200 postos do concurso de traslados de corpos xerais, a modificación da RPT, especialmente relevante para as oficinas de emprego. A modificación farase ao amparo dun plan de reasignación de...
Luns, 23 Novembro 2026

A CIG esixe que a Xunta faga o seu traballo e realice unha revisión integral dos niveis das persoas empregadas públicas

Na súa deriva discriminatoria cara ao persoal, a Xunta leva tempo facendo propostas de subas de niveis a cachos e onde lle peta. Vimos de rexistrar unha petición para que fagan dunha vez por todas un estudo serio da estrutura de postos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, que está completamente obsoleta e cuns niveis mínimos inferiores a outras...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...