Novas por contido

A CIG reclama perante a Administración Pública que se dean instrucións claras e non discriminatorias no que atinxe ao dereito de todo o persoal a ser compensado pola participación nos Consellos Escolares dos centros educativos públicos galegos.

A CIG ven de presentar con data 11 de xuño, unha solicitude de información sobre a discrecionalidade no dereito a compensar con dúas horas o tempo de asistencia aos consellos escolares dos centros educativos por parte do persoal non docente, polo menos naqueles casos en que en idénticas circunstancias así se proceda co persoal docente.

Temos constatado o diferenciado criterio da administración ante o seu persoal. Por un lado ao persoal docente se lle recoñece a posibilidade de compensar con dúas horas complementarias o tempo de participación nos consellos escolares, prerrogativa das direccións dos centros, cousa que non se lle recoñece ao persoal non docente a pesar de que a súa participación poda ser incluso automática, tal e como reflexa a lexislación: “os centros docentes nos que exista un só membro correspondente a este sector quedará automaticamente integrado no Consello Escolar”, sen que se recolla compensación algunha.

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...