Novas por contido

O xoves 1 de agosto, por fin, e despois da promesa do presidente Rueda antes das últimas eleccións, parece que arranca na práctica a ampliación do tempo de traballo do persoal descontinuo do Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF), que pasaría de 6 a 9 meses.

Así pois, segundo se nos informou na xuntanza co Comité Intercentros deste mesmo día, o persoal descontinuo do SPIF pasará a traballar 7 meses durante o ano 2024, 8 meses no ano 2025 e 9 meses a partir do ano 2026 (inclusive).

Non foi sen tempo, despois de anos de porfiar en que era preciso ampliar o tempo de traballo do persoal descontinuo e de respostarnos que isto non era posible.

Aínda que dende a CIG sempre defendimos que todo o persoal do SPIF ten que traballar durante todo o ano, xa que os lumes están cada vez máis desestacionalizados e o SPIF é un servizo de emerxencias no medio natural e rural, calquera ampliación do tempo de traballo do seu persoal descontinuo é benvida.

Por parte da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (antiga Función Pública), e da Consellería de Medio Rural, comprometéronse a que o tempo de actividade será continuo.

Tamén temos que manifestar que todo este proceso podería terse feito con mais dilixencia e non ter ao persoal descontinuo vivindo na incerteza durante meses.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...