Novas por contido

O do cobro, ou mellor dito non cobro, de conceptos nas nóminas do persoal bombeiro/a forestal e vixilante/emisorista do servizo de incendios é o conto de nunca acabar.

Por se xa fora pouco cos problemas que se sofren co cobro da nocturnidade, súmase tamén a falta de pago do traballo realizado en domingos e festivos.

Dende a CIG consideramos que se está a desprezar ao persoal que traballa no servizo de incendios. Non só porque non cobran o traballo realizado en quenda nocturna e en domingos e festivos mes a mes, como sí se fai no SERGAS e noutras consellerías, senón que inda por riba cando toca o mes de cobro (cada 3 meses) sofren continuos atrasos.

Así pois, coa entrada en vigor do novo acordo de condicións de traballo para o persoal funcionario, estes problemas de cobro que xa existían coa nocturnidade non fan máis que empeorar. Dende a CIG temos claro que este trato é inadmisible.

A todo isto, temos que sumarlle que a Consellería do Medio Rural non fixo ningunha intención de integrar ao persoal laboral descontinuo neste acordo, a pesar das nosas continuas peticións e de que así o establecía o acordo.

Todo iso fai que se manteña a discriminación e a desigualdade. E namentres a Consellería non para de dar excusa tras excusa para non pagarlle ao persoal as retribucións derivadas do seu traballo.

Outras novas recentes

Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...