Novas por contido

Dan o dito por non dito, e listo!!

Representantes do Comité Intercentros e dos comités de empresa de Política Social reuníronse o 31 de outubro con representantes da Consellería e do Consorcio. A reunión solicitáraa o Comité Intercentros para tratar as condicións de traballo e de prestación do servizo nas escolas infantís, tanto da Axencia Galega de Servizos Sociais como do Consorcio.

Na reunión, o xerente do Consorcio, Perfecto Rodríguez, expuxo unha proposta sobre unha das reivindicacións dos cadros de persoal, tanto da Axencia como do Consorcio sobre as reunións dos claustros, que consistía en pechar ás tres da tarde unha vez ao mes e facer as titorías a partir desa hora. Expuxo tamén que ao persoal que se pasara da xornada de traballo diaria compensaríase con “tempo por tempo” (termo acuñado polo Consorcio dende 2007 que non está nin no Estatuto das traballadoras e traballadores nin no EBEP nin co V Convenio).

Como queira que ás persoas representantes do persoal nos pareceu intolerable que se siga con eses postulados (incluso a secretaria xeral técnica abondou que a iso se lle chamaban horas extra de toda a vida) o xerente dixo que ía enviar por escrito tres propostas que tiñan preparadas para negociar.

Pois, como de homes sabedores é trocar de pareceres (e dá igual que estea recollido na acta) Perfecto Rodríguez decidiu mandar ás escolas infantís do Consorcio, no día de onte, unha circular na que se ditan instrucións sobre como facer as titorías: pechar 3 días ao ano despois do xantar das crianzas e xa se compensará.

Nin se lle mandaron as propostas ás persoas representantes do persoal nin ganas que tiñan de facelo.

Se a Consellería de Política Social permite que o Consorcio vaia por libre é igual de responsable!

Outras novas recentes

Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...