Novas por contido

A CIG valora positivamente a oferta formativa da Consellería de Medio Ambiente e Cambio climático para o ano 2025 e solicita unha xuntanza extraordinaria e urxente do CSSL monográfica sobre a situación do Parque Nacional Illas Atlánticas en materia de PRL

O 29.10.2024 tivo lugar unha nova xuntanza do CSSL da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (CMACC) co obxectivo principal de informar ás organizacións sindicais de varios asuntos, principalmente avanzar diferentes accións formativas para o ano 2025, a entrega de roupa de traballo e a situación do Centro de Recuperación de Fauna salvaxe (CRFS) de Santa Cruz.

Oferta formativa para 2025:

- Curso para a obtención dunha titulación habilitante para o manexo das embarcacións oficiais
- Curso de inspección ambiental
- Curso de redacción de actas e informes para o persoal  de campo recentemente funcionarizado
- Curso de toma de mostras de augas, residuos e verquidos. Redacción de actas.
- Curso de Cartografía e dixitalización en programas SIX (sistemas de información xeográfica)
- Curso de implementación de recursos técnicos e de xestión da norma ISO 17025 nos laboratorios
- Curso de condución sostible

A convocatoria dun curso que habilite para o manexo de embarcacións oficiais é un importante logro da CIG, pois levamos tempo traballando neste asunto para rematar coas chapuzas da CMACC que ata o de agora promovía as  titulacións de recreo (PNB, PER, etc.) sen criterio de selección e fóra dos circuítos formativos apropiados . Os diferentes servizos da Consellería contan con embarcacións  e polo tanto precisan de persoal que as manexe con todas as garantías e coberturas legais e eso é o que vamos a exixir, unha titulación profesional para as diferentes escalas que deban manexar as embarcacións oficiais.

Por outra banda, informaron dunha próxima contratación de roupa para todo o persoal de campo da CMACC. Destacamos, como novidade e a demanda da CIG,  a entrega de roupa e calzado para o persoal técnico. Tamén nos informan da inminente contratación do calzado, que para os axentes facultativos ambientais non levará punta reforzada.

A Presidenta do CSSL infórmanos sobre as actuacións que se acometeron e se están acometendo no CRFS de Santa Cruz trala aparición dun gromo de gripe aviaria acontecido o pasado mes de agosto. Recordemos que o centro pechouse asumindo o centro de Carballedo a carga de traballo. Dende a CIG preguntamos se houbo que reforzar a plantilla polo aumento da carga de traballo, aínda sendo conscientes de que esta época do ano é un período baixo de actividade, dende a Consellería contestoúsenos que non foi preciso. Comnunicóusenos que en breve volverá ao seu funcionamento normal, non dando unha data concreta debido a que depende de cando se rematen unha serie de obras que se están acomentendo. A Presidenta do comité tamén nos pediu aos delegados de prevención que insistíramos aos traballadores da necesidade, importancia e responsabilidade de que fagan uso dos EPIS.

No último punto da orde do día, fomos informados do reparto de repelentes para os carrachos.

Na rolda de intervencións tomamos a palabra para denunciar a grave situación do Parque Nacional das Illas Atlánticas en materia de prevención de riscos laborais. O desleixo da Dirección do Parque e da propia Consellería é insoportable. As deficiencias son excesivas e o persoal debe traballar sen apenas as medidas de prevencións básicas esixibles, pese a que moitas destas medidas non requiren grandes esforzos económicos. O máis grave é a actitude dos xestores.

A información que nos remitiron, tanto por parte da Dirección do parque como por parte da Consellería, é totalmente insuficiente, omiten datos de gran importancia e non nos facilitaron os documentos máis esenciais en materia de prevención de riscos laborais. Polo que a CIG solicitou por escrito á presidenta do CSSL da CMACC unha convocatoria extraordinaria, urxente e monográfica sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. No comité non obtivemos resposta da Presidenta á nosa demanda por mor dos contínuos problemas de conexión e foi o Director Territorial de Lugo o encargado de darnos largas neste asunto.

Para rematar a CIG volveu a esixir que as xuntanzas deste comité sexan presenciais, neste último os contínuos problemas de conexión impedirón seguir o fío da xuntanza con normalidade.

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...