Novas por contido

Recibimos a seguinte comunicación da DXEP:

"Coa finalidade de que todas as persoas participantes no acto de elección de destino convocado pola Resolución de 5 de novembro de 2024 (DOG núm. 216 do 8 de novembro de 2024) obteñan unha praza correspondente ao seu subgrupo e logo de examinar as solicitudes recibidas, resulta necesario engadir novas prazas ao acto de elección previamente convocado.

A tal efecto e co obxecto de adxudicarlles os seus destinos provisionais, realizarase un novo acto de elección de destino para as persoas aspirantes que superaron os devanditos procesos selectivos, de conformidade coa base IV.6 das respectivas convocatorias que será publicado no Diario Oficial de Galicia."

Outras novas recentes

Mércores, 09 Setembro 2026

A CIG advirte do risco de colapso dos cursos de galego da EGAP

A Xunta asigna dous cursos simultáneos de teleformación ao persoal da Secretaría Xeral da Lingua, cuxos postos son a media xornadaA CIG esixiu á Secretaría Xeral Técnica da Consellaría de Cultura, Lingua e Xuventude a ampliación inmediata e con efectos retroactivos da xornada do persoal titulado superior lingüista da Secretaría Xeral da Lingua para garantir os cursos de...
Mércores, 09 Setembro 2026

Modificación RPT; datas actos de elección destinos; SPIF; oficinas emprego; finanzas (CP 09/09/26)

Á Comisión de Persoal do mércores 9 de setembro, foi como único punto da orde do día a proposta de modificación de varios postos na Relación de Postos de Traballo (RPT) das consellerías de Emprego, Comercio e Emigración, e de Presidencia, Xustiza e Deportes, a causa da execución de sentenzas de persoas que reclamaron destino definitivo no posto que ocupaban en provisional....
Luns, 07 Setembro 2026

Mesa sectorial de funcionarios/as (04/09/2026): modificación RPT, datas actos de elección pendentes, PI23, escolas infantís, PND

Na MSF trouxeron a proposta da modificación da RPT Administración Xeral da Comunidade Autónoma na Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e na Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes na que se amortizan dous postos para crear outros dous. Dende a CIG non estamos de acordo coas amortizacións pero o que ademais lle fixemos saber á DXEP é que estas presas débense...