Novas por contido

Esta foi a reacción á postura manifestada pola CIG de rexeitamento a dar validez tanto á proposta de plan de igualdade como de diagnose elaboradas pola Dirección Xeral de Simplificación Administrativa da Xunta antes da constitución da comisión de igualdade, que Portos puxo enriba da mesa.

A xuntanza de constitución da Mesa de Igualdade de Portos de Galiza foi, cando menos, brusca e agresiva, co beneplácito de CCOO, quen se une a todas as decisións e propostas de empresa e UGT.

Témosllo que agradecer ás persoas delegadas de UGT, central sindical maioritaria no Comité de Empresa de Portos de Galiza, que nun afán desmesurado de protagonismo, esqueceron cal é o seu rol: a defensa dos intereses do persoal, entre os que está lograr un plan de igualdade que responda ao seu propio apelativo, efectivo e descritivo da realidade laboral de Portos de Galiza; e non un plan de igualdade floreiro, rápido, copiado do da Xunta, non negociado e de mero trámite.

Nun alarde de prepotencia inaudita e de descoñecemento duns mínimos da normativa de igualdade vixente, esixíbeis a toda persoa representante legal das traballadoras e traballadores integrante dunha Mesa de Igualdade, non fixeron outra cousa máis que escenificar unha perrencha infantil de desgusto -portazos incluídos-, ante o posicionamento claro da CIG: non achantar cunha proposta de diagnose xa feita e sen negociar que incumpre a Lei, e achegar en positivo todo o posíbel para, aínda estando en minoría, poder conseguir melloras para o persoal de Portos de Galiza.

Ante a oposición da CIG a aceptar o inaceptábel (como é “negociar” unha diagnose xa feita pola Xunta); ou ante o pedimento da CIG de que conste na acta de constitución da Mesa de Igualdade de Portos a proporción de representatividade de cada central sindical (serán os/as responsábeis do resultado desta negociación e do plan de igualdade que se obteña); ou ante o pedimento da CIG dunha mínima mención ao colectivo LGTBI+...; ante todo isto, as persoas representantes de UGT perderon totalmente os papeis, ao ver que non se comunga coas súas posturas ou opinións, incapaces de respectar pareceres, achegas ou o máis mínimo comentario ou pregunta por parte da CIG ou de calquera que contraveña ou faga algunha crítica ás de UGT e empresa. Tanto é así que volveron amentar o seu vergoñento acordo UGT-CCOO adoptado por votación instada por UGT para “acollerse” ao plan de igualdade da Xunta… Como se os plans de igualdade fosen intercambiábeis e traspasábeis a calquera entidade… Acordo UGT-CCOO da vergoña, recoñecido por Portos.

Dende a CIG non podemos senón desexarlles a UGT máis tranquilidade, boa educación e maneiras, tolerancia a grandes doses, e un Aninovo cheíño de respecto cara a quen opina diferente e defende dereitos e, xunto con CCOO de Portos de Galiza, un 2025 cargado de boa fe negocial, cumprimento da Lei e moita moita moita IGUALDADE!!!

Por un I Plan de Igualdade de Portos de Galiza efectivo, negociado e axustado á realidade deste ente público!!

Outras novas recentes

Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...