Novas por contido

O día 09 de decembro de 2024 tivo lugar a reunión do Comité S.S.L. de Incendios onde se abordaron os seguintes temas:

-. Plan de formación 2025/2028. Dende a CIG pedimos que se abra un prazo de alegacións e que se incorpore a lexislación vixente da Lei básica de Bombeiros Forestais, de obrigado cumprimento, en canto neste caso permita un desenrolo do marco formativo, para acadar ao final deste Plan as unidades de competencia, que permitan obter os certificados de profesionalidade , tanto nivel 2 , como nivel 3. Consideramos vital incorporar un curso de Apoio en Continxencias, función que segundo a lei, lle corresponde a este colectivo realizar.

-. Informe do accidente de Campiño.

-. Estado das medidas preventivas derivadas da exposición a riscos químicos. Parece axeitado que para minimizar a cantidade de Hidrocarburos aromáticos policíclicos, ós que se expoñen os/as traballadores/as en tarefas de extinción de incendios forestais, se empreguen sopradores-aspiradores portátiles e toalliñas de limpeza, máis o que segue sen facerse correctamente é o plan de descontaminación total dos EPIS, algo no que levamos moito tempo sen dar coa solución axeitada, como xa hai anos que se fai noutras Comunidades. A Administración culpa disto ao mal funcionamento da primeira empresa á que se lle contratou este traballo e á propia idiosincrasia de distribución do persoal no territorio, que agardan solucionar coa contratación dunha nova empresa. Tamén se fai mención da posibilidade de especialización dalgún membro por equipo de traballo, nun grao maior de coñecementos en primeiros auxilios para mellorar a capacidade de atender situacións mais graves. Dende a CIG consideramos que o acaído sería elaborar un protocolo claro para así poder establecer accións preventivas que minimicen o risco para os/as traballadores/as.

-. Vehículos Autobomba URO VAMTAC. Logo da chegada de bastantes críticas polo funcionamento do sistema de freado do novo vehículo, constatadas pola propia Administración esiximos que se corrixa esta perigosa problemática en vehículos en período de garantía.

-. Reposición de los EPIS. Dende a CIG, expresamos a queixa de bastantes traballadores/as pola falta de entrega dos novos EPIS, e a importante dificultade que supuxo a non realización da tallaxe ós/ás traballadores/as o que trouxo consigo unha peor adaptación dos equipos. A identificación específica do posto concreto do traballador nas costas limita o intercambio entre prendas para adaptala mellor a cada traballador/a. Dende a CIG consideramos que a identificación do posto concreto do traballador debería ir en elementos extraíbles e adheribles, mantendo so cosido os elementos comúns a tódalas categorías en canto á identificación.

-. Instrucións sobre o acceso a puntos de vixilancia fixa. A circular que regula esta cuestión para a CIG é insuficiente, xa que non se adapta correctamente a todas as situación de riscos para os/as traballadores/as, xa que cruza datos do índice de risco, con previsións meteorolóxicas, e parécenos unha medida que pode traer certa falta de protección o/a traballador/a.

Volvemos insistir, no arranxo das vías de acceso ou no seu defecto que se utilice un coche do servizo para poder chegar a estes puntos de vixilancia de difícil acceso, así como a necesaria dotación dun portófono por vixiante, e que se poda dispoñer por posto de vixilancia dun teléfono co Xeocode lite integrado. Deberá tamén quedar claro quen é o responsabilidade da aplicación de ditas instrucións.

-. Estado da compra de auriculares para os condutores de bulldozer. Dende a CIG levamos tempo reclamando a necesidade deste equipo. A Administración confirmounos, que se lle fixera entrega ós condutores de bulldozer de 18 equipos Xiaomi Red 3 pro Vauds, e que para este ano vaise buscar elementos aínda mais eficientes para estes traballadores.

-. Rogos e preguntas.

.. Reclamamos que se trate no subcomité de EPI a necesidade dunha mochila para portar os case que 5 kg do auto-rrescatador, botiquín individual, cantimplora e semi-máscara, excesivo peso para portar sen elementos adicionais de suspensión.

.. Consideramos preciso a dotación de botas de monte que completen o uniforme dos Axentes Forestais e Medioambientais, que non incorporen reforzo la punta.

.. Expresamos a necesidade de incorporar un curso de Qgis para Técnicos e Axentes.

.. Preguntamos pola limitación para acceder ás bacas homologadas dos pick-up. Informan que so se poderá acceder á baca dende o chan, e dende ese punto deberemos extraer o equipamento, e tamén estibalo. Pensamos que este procedemento non é doado e precisaría dunha escada como se viña facendo ata o de agora. Tamén reclamamos a incorporación dos caixóns de transporte xa adquiridos.


Outras novas recentes

Venres, 26 Xuño 2026

O totum revolutum de Emprego Público: a nova receita do caos nas eleccións de destino

Hai días nos que un pensa que a capacidade de Emprego Público para sorprendernos chegou ao límite, pero despois supéranse. Vaia cristo formaron! Se o obxectivo era xerar o caos absoluto e cabrear a todo o persoal, temos que darlles un aplauso. Conseguírono. Non sabemos moi ben quen está aos mandos da cociña en San Caetano, pero decidiron que a mellor forma de xestionar os...
Mércores, 17 Xuño 2026

Xefaturas de sección (corpos xerais), sentenzas de destino definitivo, persoal veterinario e escolas infantís (MSPF 17/06/2026)

Nesta Mesa Sectorial de Persoal Funcionario (MSPF), dende a CIG puxemos enriba da mesa as seguintes cuestións:A1-xefaturas de sección que non saíron no concurso de traslados; chamadas de Emprego Público indicando a persoas con tomas de posesión feitas que teñen que elixir outro destino (sentenzas de destino definitivo); aclaración sobre o persoal veterinario que superou...
Venres, 19 Xuño 2026

Plantón sindical a Educación na negociación da RPT ata que non negocie un acordo para o persoal non docente

O pasado venres 12 de xuño a Consellaría de Educación convocou ás organizacións sindicais (OOSS) para negociar unha modificación da RPT sen aportar documentación algunha o que precipitou ter que adiarse esa xuntanza para o día de hoxe, venres 19 de xullo a petición da parte social e logo de remitir un borrador para a mesa. Hoxe, venres 19, a CIG e as outras OOSS presente na...