Novas por contido

A Dirección Xeral de Función Pública trouxo á Mesa Sectorial de Funcionarias (13/12/24) o Decreto da OEP 2024 das escalas sanitarias da Lei 17/89. Este persoal segue a ter unha xestión á marxe de Emprego Público, cando se trata de persoal funcionario de Administración.

Seguindo o seu modus operandi, onde a boa fe negocial brilla pola súa absoluta ausencia: enviáronnos a documentación da convocatoria sen tempo para revisala, incapaces por sistema de respectar o mínimo de 48 h. A secretaria xeral pide desculpas de novo, pero para a seguinte convocatoria repitirá a mesma técnica e mesmo procedemento. Veremos en que acaba todo isto.

Dende a CIG reclamamos e chamamos a atención sobre as seguintes cuestións:

  1. Que a xestión da OEP pase a Función Pública e se faculte ao conselleiro de Facenda a ditar as normas precisas para desenvolver este decreto.
  2. No referido á cuantificación: din que aplican o 110% da taxa de reposición, e ofertan 15 prazas (non temos xeito de verificalo).
  3. Habilitan que se convoquen prazas adicionais por previsión de xubilacións (dos dous anos seguintes). Cremos que isto crea incertidume e sorpresas por non coincidir o que se oferta e o que se convoca, ademais do risco de deixar fóra a xente que supera o proceso (o que pode ocorrer se non se efectiviza algunha das xubilacións previstas no prazo de dous anos).
  4. Acceso por concurso-oposición: concordamos, pero queremos que xa poñan cal é a porcentaxe. O vicesecretario xeral da Consellaría de Sanidade limitouse a dicir que se verá en cada convocatoria.
  5. Tribunais: indican que haberá unha composición paritaria para o conxunto da oferta, polo que indicamos que a paricade debe ser para cada convocatoria. Tamén queremos que os sindicatos poidamos propor a unha persoa.
  6. Promoción interna: limítanse a dicir que se respectará o mínimo (que é o 25%). Nós solicitamos que sexa do 50% en cada clase, que estea aberta a calquera escala de administración. Que os procesos sexan separados do acceso libre. Responden que o número de prazas o dirán no momento da convocatoria.
  7. Permiten que as convocatorias establezan o "carácter" do exame de galego, o que equivale a dicir que dicidirán no seu momento se será eliminatorio. Outros anos permitiron que supere o proceso alguén que poida obter un "cero" en galego. Así respetarán que o persoal funcionario estea en condicións de atender en galego ás persoas usuarias.
  8. Tempos: a OEP do 2024 vaise publicar cando falten días para rematar o ano. Pedimos que se engada a obriga de que a convocatoria sexa publicada no prazo de 1 ano e resolta noutro ano máis.

Botas algo en falta? Fainos as túas achegas, contacta coa CIG-Autonómica.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...