Novas por contido

O día 13 de decembro 2024 celebrouse a 9ª reunión da mesa de seguimento do acordo de funcionarios do SPIF onde a Administración presentounos uns gráficos nos que se reflexa a porcentaxe de cobertura así como a de vacacións,  comparando os anos 2023 con 2024. Dende a CIG insistimos que:

- Unha vez máis que, logo do traslado do acordo ao persoal laboral, é de recibo que se estude a fórmula antes do inicio da campaña, tal e como ven reflexado na  Disposición adicional única: “O persoal laboral fixo-discontinuo que preste servizos no Servizo de Prevención de Incendios Forestais se lle seguirán aplicando as condicións de traballo establecidas no V Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia”. A pesar disto, tras a sinatura deste acordo  iniciaranse  negociacións para adecuar a aplicación das condicións específicas de traballo fixadas neste acordo ao réxime xurídico do persoal discontinuo do Servizo de Prevención e Incendios Forestais. Dende a Dirección Xeral din que non é o lugar axeitado para tratar os temas do persoal Laboral, aínda así, contestarán nun prazo dunha semana dado que dende as provincias xa están solicitando reunións de cuadrantes. Dende a CIG intuímos que van facilitar os horarios pero non a parte económica e nos derivan a negociar a outro ámbito laboral mareando a perdiz.

- As brigadas deben ter un mínimo de 5 compoñentes dos cales un sexa Xefe de brigada. Para isto propomos a súa creación,  evitando así o descolgue de brigadas cun  compoñente o que resulta inoperativo, tanto en traballos  de prevención como en  incendios, tal e como está recollido no informe da inspección de traballo de Lugo. (A administración propon brigadas de 7 compoñentes)

- Horarios en brigadas con rotación de 5 secuencias o que provoca que haxa distritos que non cubran todas as quendas,  sobre todo ao rematar o persoal fixo discuntínuo

- No caso de vixilantes-emisoristas  a rotación de 4 secuencias deixa moitos ocos e quendas sen cumprimentar (chegando a seren os traballadores os que solicitan as adaptacions para cubrir as 24). Dende a CIG insistimos que deben ser quendas M-T-N para o que se precisan 8 persoas durante todo ano para cumprimentar as quendas e repartir vacacións e permisos. (Non contestan)

- Os batracios e tractores están dotados de material e equipos pero NON  dotados de persoal o que provoca o desmantelamento de brigadas de distrito e  inoperatividade de motobombas. (sen contestación)

- Conciliación no SPIF (que se están negando sistematicamente e son gañadas no xulgado). A administración contesta que “os efectos do acordo son para ben e para mal…”

- 2º Actividade  do persoal Funcionario. (non contestan)

- Instalacións. Resulta curioso que neste ano as melloras que se fixeron nas bases, para denominalas "Buo", tocoulles a aquelas que menos o precisaban. Segundo o director elíxense os centros dentro das posibilidades de xestión pero teñen moitos centros cedidos “sen papeleo” ou alugados que están en tramitacións…

- Propostas da Administración:

1. Unificar brigadas: (7 compoñentes: 1 capataz+ 6 bombeiros/as). Dende a CIG mantemos a proposta de 5 compoñentes. Expoñemos que ante o reparto de secuencias de 5 semanas de rotación precísase un mínimo de 10 brigadas para cumprimentar as secuencias cada día. Coa proposición da Administración, onde o promedio de brigadas por distrito vai de 5 a 8, non se complementaria ningún día. (a capacidade organizativa é súa e dín que “asumen ese risco, que xa o teñen comtemplado”. Ante a insistencia da Administración solicitamos proposta por escrito da modificación e criterios ante a imposibilidade de desprazamento de máis de 5 compoñentes nun coche.

2. Actualizar os horarios de emisoristas e brigadas helitransportadas segundo haxa helicóptero nas bases e, de ser o caso, si se incrementasen as horas daranse compensacións en períodos nos que non haxa helicóptero. Dende a CIG aceptamos esta proposta instando a posibilidade  de que as compensacións sexan solicitadas polos/as traballadores/as.

3. Solicitar a previsión de vacacións antes do 28 de febreiro (todas as vacacións incluídas, os canosos e os 5 días de compensación). Dende a CIG opoñémonos a esta pretensión de solicitar todos os días de vacacións tal e como se reflicte no punto 2 do Art. 132 da Lei de Emprego pública de Galiza: “Non obstante e sempre que as necesidades de servizo o permitan, dos días de vacacións no apartado un, poderse solicitar o gozo independente de ata seis días hábiles por ano natural, que poderán acumularse aos días de asuntos particulares”. Así como tamén no punto 14 do Art. 118 : “Ao longo do ano, o persoal funcionario e o persoal laboral teñen dereito a seis días de permiso por asuntos particulares, sen necesidade de xustificación”

4. Outras novas trasladadas dende a DIRECCIÓN XERAL:

- Os procesos selectivos de consolidación adíanse ante a nova necesidade de baremar a todos/as os/as compoñentes/as calculando rematar o proceso na primavera

- Apertura de listas do decreto 37/2006 para as categorías de funcionarios do SPIF a principios de ano.

- Actualización da situación en listas do persoal laboral que pasou de estar en praza non vacante (fixo-discontínuo e 6 meses) a praza vacante: neses días farán o volcado de datos e todos/as os/as que estaban nesa situación pasan a ocupar praza vacante (consecuencia: non se lles ofertarán praza vacantes)

- Probas físicas para as listas do decreto: entre xaneiro e febreiro.

- Seguinte reunión o 10 de xaneiro.

Outras novas recentes

Martes, 19 Mai 2026

Concursos de informática, turismo, urbanística, estradas, mobilidade, hidráulico (con informática de experimento)

Dos tres novos concursos de traslados que estamos a negociar (Mesa Sectorial do martes 19), un deles, o das escalas de informática, servirá de “piloto” para un futuro concurso aberto permanente do que pouco concreta a Xunta. Os outros dous concursos son: a) Inspección e subinspección urbanística (A1 e A2); b) Turismo (A2); vixilancia de estradas, mobilidade, dominio público...
Martes, 12 Mai 2026

Corpos xerais: información complementaria sobre actos de elección de destino e tomas de posesión

Achegamos máis información complementando a que difundimos o luns 11 de maio sobre os actos de elección de destino e tomas de posesión de corpos xerais. No concurso de traslados adxudicáronse 833 prazas en 1ª fase, 240 en resultas e 2 de oficio. Quedaron sen adxudicar 6 xefaturas de sección e máis ou menos 110 prazas de xefatura de negociado (das que unhas 90 estarían en...
Mércores, 20 Mai 2026

Proceso selectivo da escala auxiliar de cociña: resolución do tribunal sobre varios asuntos

Podes consultar a resolución do DOG. No DOG de hoxe 19.05.26, publícase a Resolución do 11 de abril de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade...