Novas por contido

A CIG ven de rexistrar os milleiros de sinaturas recollidas no 2024 entre o persoal da Administración Autonómica solicitando a implantación con carácter inmediata das 35 hora de xornada semanal para todo o mundo da Administración xeral e un horario máis reducido para o persoal con xornadas especiais.

Na Administración Galega hai xa varios sectores (Sergas e persoal dos centros de Política Social), onde a xornada de 35 horas é xa unha realidade. Mesmo temos diferentes administracións públicas do Estado español, de distinta cor política, con esta xornada con carácter universal para todo o seu persoal. Xunto a isto, vemos como noutros estados europeos a semana laboral de 4 días está a implantarse con éxito.

A CIG solicita da Xunta de Galiza que implante con carácter inmediato a xornada semanal máxima de 35 horas para todo o persoal, e de 32 horas para as xornadas especiais (fins de semana, quendas, nocturnidade ou xornada partida). Ademais instamos a camiñar de cara a un obxectivo de xornada máxima de 32 horas e de catro días laborais con carácter ordinario.

35 horas XA para todo o persoal empregado público da Xunta de Galiza!!

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...