Novas por contido

Nos últimos meses chegaron informacións á CIG, por diferentes condutos e con publicacións nos medios de comunicación (véxase https://i.gal/falsosautonomosegap), da existencia de sentenzas xudiciais contra a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) polas contratacións de falsas/os autónomas/os ou cesión ilegal.

Por este motivo, o pasado 26 de decembro de 2024, durante a xuntanza do Consello Reitor da EGAP, a CIG tratou precisamente esta cuestión da precariedade laboral e contratacións irregulares no pequeno relatorio no que recapitulou parte das denuncias, queixas e solicitudes de información sobre a xestión da EGAP que veu presentando ao longo do tempo e das que non tivo ningunha resposta até a data.

A postura invariábel adoptada pola dirección da EGAP é a de ignorar todos os escritos remitidos pola representación legal maioritaria do persoal, e a de non facilitar ningunha información, continuando así na senda marcada dende hai máis dunha década; senda de total opacidade que veu contando co beneplácito ou silencio, cando non aplausos, do resto de entidades integrantes do Consello Reitor (entre os que se atopan representantes do Consello Consultivo de Galiza, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña, Universidade de Vigo, Deputación Provincial de Ourense ou Fegamp, entre outros).

Despois de que a CIG puxera enriba da mesa as principais cuestións pendentes de resposta, xunto coa precariedade laboral na EGAP e as supostas denuncias existentes en relación á contratación de falsas/os autónomos/as, a directora da EGAP non respondeu a nada, limitándose a negar verbalmente a existencia destas sentenzas condenatorias. 

Porén, debido ás informacións contraditorias das que ten constancia esta central sindical, instamos a que a directora da EGAP e o conselleiro de Facenda e Administración Pública dean unha resposta por escrito que confirme a inexistencia destas sentenzas xudiciais.

 Se queres facernos chegar algunha información, consulta ou observación, contacta coa CIG-Autonómica.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...