Novas por contido

Abren o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración da lista para o nomeamento de persoal interino para o desempeño transitorio de postos reservados a funcionarios do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais seguintes:

- especialidade de bombeiro forestal (subgrupo C2) (código de procedemento AP522T)

- especialidade de bombeiro forestal-condutor de motobomba, subgrupo C2 (código de procedemento AP522T)

- especialidade de emisorista/vixilante/a fixo/a (subgrupo C2) (código de procedemento AP522T)

- especialidade de bombeiro forestal xefe de brigada, grupo B (código de procedemento AP522T)

Requisitos:

  • Idade: ter feitos os dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
  • Nacionalidade: española ou dun estado membro da UE ou dos estados cos que haxa acordo de libre circulación suscrito por España. Conxuxes de españois e nacionais da UE ou descendentes destes sempre que non esten separados do dereito.
  • Titulación: Graduado en Eso para C2 e Título de Técnico Superior en Xestión Forestal e do Medio Natural ou equivalente para o grupo B
  • Permiso de conducir: B para bombeiro forestal e xefe de brigada e C +B para motobomba
  • Capacidade funcional: : posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.
  • Habilitación: non ter sido sancionado/a, separado/a nin inhabilitado/a para acceder a ese corpo ou escala
  • Galego: Celga 3 para o C2 e Celga 4 para o grupo

Solicitudes

Preferentemente por vía electrónica código de procedemento AP522T ou, opcionalmente, nos lugares e rexistros segundo artigo 16.4 da Lei 39/2015
Taxas: 18.40€. Pode facerse pago presencial ( descargar o impreso na páxina web da Axencia Tributaria de Galicia (Consellería de Facenda e  Administración Pública), epígrafe «Cidadáns» presionando na epígrafe «Pagamento de taxas e prezos» «Iniciar taxa», optando ou ben por descargar o modelo en branco ou por cubrilo informaticamente) segundo MODELO ou ode realizar o pagamento na Oficina Virtual Tributaria da Axencia Tributaria de Galicia, http://ovt.atriga.gal

Están exentos do 100% das taxas:
 As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.
➢ As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial Están exentos do 50% das taxas:➢ As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.
➢ As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores e non estean a percibir prestación ou       subsidio por desemprego
➢ As vítimas do terrorismo e o seu cónxuxe ou persoa coa que convivise con análoga relación de afectividade, o cónxuxe do falecido e os fillos dos feridos e falecidos.

Consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña na solicitude á súa consulta:
– DNI/NIE
– Título/s oficial/is universitarios e non universitarios.
– Documento xustificativo de estar en posesión do Celga 3, expedido polo órgano competente en materia de
política lingüística.
– Permiso de condución

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Certificado de discapacidade igual ou superior ao 33 % expedido pola Administración autonómica de Galicia
b) Certificado de familia numerosa de carácter especial ou xeral ou carné familiar en que conste o dito carácter
c) Certificación expedida pola oficina de emprego en que conste que a persoa aspirante figura como demandante de emprego, ininterrompidamente, desde, polo menos, os seis meses anteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG, para a acreditación da exención do 50 % do importe da taxa de cumprirse, así mesmo, o requisito establecido na letra d).
d) Certificación do Servizo Público de Emprego Estatal en que conste que na data de presentación da solicitude non está a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

Documentación a presentar xunto coa solicitude e o pago de taxas:

➢ Certificación grado Celga
➢ Pasaporte ou similar no caso de non ter nacionalidade española
➢ Certificado de discapacidade ( para acreditar pago taxa)
➢ Sentenza firme ou resolución administrativa no caso de vítimas de terrorismo ( para acreditar pago taxa)
➢ Méritos alegados por servizos prestados en concellos e Mancomunidades. ( Segundo o 012 e Medio Rural tamén Seaga)

ENLACE a guía da inscrición a través do FIDES

PRAZO ata 5 febreiro 2025

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...