Novas por contido

No DOG do 15/01/2025 a EGAP publica a Resolución do 26 de decembro de 2024 pola que se publica o Plan de formación para o ano 2025.

Publícase como anexo a esta resolución o Plan de formación para o ano 2025 do persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, do persoal ao servizo das entidades locais, do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galiza, do persoal de administración e servizos das universidades galegas; así como as actividades enmarcadas no portal de idiomas, o plan de formación igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero, as actividades de formación en competencias dixitais (ComDix), o programa de formación do Instituto de Economía Pública de Galiza e o programa de autoformación, dirixido a todos os destinatarios mencionados.

Esta Resolución ten un carácter informativo, e para acceder ás accións formativas recollidas neste plan será preciso formalizar matrícula despois de que se publiquen no Diario Oficial de Galiza as correspondentes convocatorias.

Outras novas recentes

Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...