Novas por contido

Volve mandar a circular que retiraran sobre os tempos de programación dicindo que “negociaron” coa representación do persoal

O 31 de outubro de 2024, representantes do Comité intercentros, dos comités de empresa das catro provincias e representantes de Política Social, Axencia Galega de Servizos Sociais (AGASS) e Consorcio, reuníronse para negociar a restitución dos tempos de programación e reunións dos claustros nas escolas infantís (do consorcio e da AGSS) entre outros asuntos pendentes. Nesa reunión, a xerencia do Consorcio expuxo que ían mandar tres propostas á representación do persoal para negociar.

Nunca chegaron a mandar ningunha proposta por escrito e, o 5 de novembro, chega unha circular aos centros de traballo indicando que se teñen que asignar 3 días ao ano para traballar a porta pechada despois de entregar ás crianzas ao mediodía. Despois das protestas e denuncias da representación do persoal, retiraron esta proposta dicindo que se ía negociar.

Pois ben, volven mandar a proposta o xoves 16 de xaneiro de 2025, non mesmos termos e sen negociar unha vírgula, porque nin contestaron nin convocaron á parte social:

«Tal e como sabedes, no artigo 4 da Resolución do 11 de marzo de 2024 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o curso 2024/25 indícase que a Xerencia do Consorcio poderá autorizar tempos de reunión para o persoal das escolas dentro do horario de apertura destas.

A estes efectos, o pasado mes de novembro remitíronsevos unhas Instrucións da Xerencia nas que se indicaba que os equipos educativos dos centros establecerían 3 días de peche anticipado, despois do horario de xantar de nenos e nenas establecido en cada centro escolar, para reunións e/o programacións, nos meses de xaneiro, marzo e xuño de 2025.

Polo tanto, debedes fixar de forma urxente estes 3 días de peche anticipado e comunicarllos a cada coordinador, para notificarllos ás familias coa debida antelación.

A maiores, e tras as oportunas negociacións sindicais, acordouse que o día 2 de maio non será lectivo, para que os equipos poidades desenvolver reunións, programacións e/ou titorías a porta pechada...

...Entre mañá e o luns remitirásevos un modelo de comunicación para as familias onde se lle informará do peche adiantado nos meses de xaneiro, marzo e xuño e do peche do día 2 de maio.»

Esta é unha circular impresentable porque, que programación, avaliación, claustro, etc., se poden facer en tres días ao ano a dúas horas por día? Que pasa coas traballadoras que ás tres da tarde teñen xa realizada a súa quenda de traballo? Que pasa tamén coas traballadoras que teñen concedida unha redución por conciliación? Como se lle ordena ás dirección e aos equipos que decidan que días pechar anticipadamente?

E é máis impresentable aínda que se minta e se lle diga ao persoal que está negociado. Se lle minte sistematicamente ao persoal para encubrir os seus atropelos e cargarlle a responsabilidade a quen non a ten. Volven ser tempos de poñer en corentena as informacións que nos fan chegar.

Para calquera dúbida ou aclaración, ponte en contacto coa CIG!

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...