Novas por contido

Ante as dúbidas que se suscitaron por unha campaña alentando a todas aquelas persoas ás que non lle concederan o grao I da carreira en 2019 a presentar unha reclamación previa, e logo de ser estudado o caso pola nosa asesoría concluímos que NON É NECESARIO PRESENTAR NINGUNHA RECLAMACIÓN.

Se alguén presentou unha reclamación NON pasa nada, non sobra, pero vai ser irrelevante.

Lembra que o acordo asinado no 2019 por CCOO e UGT privaba ao persoal interino e temporal da carreira. Que a CIG gañou a sentenza contra ese acordo. Que a forma de executala por parte da Xunta foi abrir a carreira posteriormente para ese persoal, cando o resto xa cobraba o grao II.

A CIG presentou hai dous anos, un incidente de execución de sentenza para denunciar que a Xunta e os asinantes non cumprían coa sentenza ao non facela retroactiva ao ano 2019.

Por todo isto, o verdadeiramente determinante para facer efectivo o dereito á carreira ao persoal excluído no 2019 vai ser, SEMPRE, a resolución que dite o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) sobre a demanda de execución forzosa presentada pola CIG en relación á SENTENZA QUE GAÑAMOS polos seguintes motivos:

a) Se o TSXG acepta a execución forzosa tal e como pediu a CIG, a Xunta estaría obrigada a convocar un proceso extraordinario para dar participación ao persoal laboral temporal e funcionario interino con dereito a obter os atrasos dende o 01/01/2019. Neste caso as reclamacións serían irrelevantes, porque o persoal tería dereito aos atrasos dende o esa data.

b) Se o TSXG acepta a execución forzosa pero modificando a petición da CIG, a Xunta quedaría obrigada a cumprir o que o TSXG impoña. Neste caso as reclamacións serían irrelevantes porque os atrasos terían de limitarse o período que fixe o TSXG.

c) Se o TSXG rexeita a execución forzosa por calquera motivo, a Xunta non quedaría obrigada a cumprir nada. Neste caso as reclamacións serían irrelevantes porque a Xunta non tería obriga ningunha de aceptalas.

Por tanto, todo vai depender do pronunciamento que dite o TSXG pola petición de execución de sentenza interposta pola CIG fai dous anos.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...