Novas por contido

No DOG do 21/01/2025 publican a ORDE do 17 de xaneiro de 2025 pola que se ditan as instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2025.

Estas retribucións manteranse para o ano 2025 nas contías vixentes en 31 de decembro de 2024, sen prexuízo do establecido na disposición adicional oitava da Lei 4/2024, do 27 de decembro. A devandita disposición establece que as retribucións do persoal do sector público previstas para o ano 2025 se adecuarán ao previsto no capítulo II do Real decreto lei 4/2024, do 26 de xuño, e ademais, habilita a consellería competente en materia de facenda para levar a cabo as xestións necesarias para facer efectivo calquera outro aumento retributivo, no seu límite máximo, no momento en que así o habilite a normativa básica do Estado.

Con efectos do 1 de xaneiro de 2025, o persoal funcionario que desempeñe postos de traballo para os cales o Consello da Xunta de Galicia aprobou a aplicación do réxime retributivo previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, percibirá as retribucións básicas, as pagas extraordinarias dos meses de xuño e decembro, e o complemento de destino nas contías que se detallan nos anexos II e III desta orde.

Con efectos económicos do 1 de xaneiro de 2025, o persoal laboral incluído no ámbito de aplicación do V Convenio colectivo único percibirá o salario base, complementos, antigüidade, pagas extraordinarias e contías adicionais, nos importes que se detallan no anexo VII.

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...