Novas por contido

No DOG do 28/02/2025 publican a RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2025, da Secretaría Xeral Técnica da Consellaría do Medio Rural, pola que se convocan as persoas aspirantes que deberán realizar as probas físicas e visuais das integrantes das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías do Servizo de Prevención contra Incendios Forestais.

A relación de persoas aspirantes convocadas para realizar a proba física relaciónase no seguinte enderezo electrónico: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/areas-tematicas/ prevencion-incendios

A relación de persoas aspirantes convocadas para realizar a proba visual relaciónase no seguinte enderezo electrónico: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/areas-tematicas/ prevencion-incendios.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...