Novas por contido

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se acordan o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades, e pola que se abre un prazo extraordinario de inclusión nas listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, para as persoas incluídas nas listas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (código de procedemento AP522T).

  • Prazo inscripción: 1 de marzo a 30 de abril

  • Abrir un prazo extraordinario, desde o día 1 de marzo ata o día 30 de abril de 2025, para que as persoas que declaren estar incluídas nas listas xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar poidan incluírse en listas regula das polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, aínda que estean pechadas por esta resolución. Deberán declarar estar incluídas na lista xestionada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da categoría análoga á do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia ou equivalente á lista única resultante da funcionarización na cal solicitan a inclusión.

LISTAS ABERTAS

A1 207J Escala superior de saúde laboral

A1 208F Escala de facultativos. Especialidade Medicina

A1 2062 Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría de camiños, canais e portos

A1 2064 Escala de enxeñeiros/as. Especialidade Enxeñaría industrial

A1 2067 Escala de veterinarios

A1 2093-03 Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en navegación marítima

A1 2093-04 Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en pesca marítima/bioloxía pesqueira

A1 2093-06 Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en medicina subacuática e hiperbárica

A1 2093-07 Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas

A1 2093-08 Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en comunicación

A1 2093-09 Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e instalacións mariñas

A1 2093-10 Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos sanitarios

A2 207N Escala técnica de saúde laboral

A2 208A Escala de técnicos facultativos. Especialidade Enfermaría

A2 208B Escala de técnicos facultativos. Especialidade Fisioterapia

A2 208D Escala de técnicos facultativos. Especialidade Terapia ocupacional

A2 208E Escala de técnicos facultativos. Especialidade Traballo social

A2 209D Escala de técnicos facultativos. Especialidade de educador infantil

A2 2079 Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade Enxeñaría técnica de minas

A2 2094-01 Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en traballos técnicos de mergullo

A2 2094-02 Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e produción

A2 2094-03 Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en servizos ao buque

C1 20B6 Escala técnica recursos naturais e forestais. Especialidade capataz

C1 20D5 Escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade Animación Sociocultural

C1 207V Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade Patrón.

C1 207W Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade Mecánico.

C1 208I Escala de axentes de inspección. Especialidade Mobilidade

C1 208J Escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade Xardín de infancia

C1 209E Escala técnica de mantemento de servizos

C1 209G Escala técnica de cociña

C1 209H Escala técnica de condución.

C1 209U Escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade bombeiro forestal xefe de brigada

C2 207T Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade bombeiro forestal-condutor de motobomba

C2 207U Escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais. Especialidade bombeiro forestal

C2 207X Escala de gardas de recursos naturais

C2 208N Escala auxiliar de mantemento

C2 20A3 Escala de auxiliares de clínica

C2 20D0 Escala auxiliar de recursos naturais e forestais

AP 209R Agrupación profesional do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais. Especialidade persoal de limpeza e cociña

III 104 Intérprete de linguaxe de signos

.-As listas correspondentes aos grupos, categorías, corpos, escalas e especialidades pechadas e nas cales soamente se poderán inscribir aquelas persoas que, para a lista correspondente, superasen algunha proba do último proceso selectivo do grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade, ou prestasen servizos na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que teñan publicadas relacións de postos de traballo para a lista correspondente a ese grupo, categoría, corpo, escala ou especialidade

.-Nas listas únicas correspondentes a corpos, escalas ou especialidades resultantes da creación ou da transformación de oficio por funcionarización que estean pechadas poderán solicitar a inclusión as persoas que prestasen servizos en categorías profesionais laborais equivalentes, segundo o estipulado nas correspondentes resolucións (publicadas no DOG núm. 195, do 8 de outubro de 2021, no DOG núm. 200, do 18 de outubro de 2021, no DOG núm. 75, do 19 de abril de 2023, e no DOG núm. 31, do 14 de febreiro de 2025), sempre que estes servizos fosen prestados no ámbito de aplicación do artigo 1 do Decreto 37/2006, na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que teñan publicadas relacións de postos de traballo, sen prexuízo do establecido no artigo 6.3 da Orde do 20 de xullo de 2021 (DOG núm. 145, do 30 de xullo).

Outras novas recentes

Martes, 14 Outubro 2025

Privatización da vixiancia de estradas. A AXI non aposta polo seu persoal e vai reforzar o servizo de vixilancia de estradas con persoal ...

No mes de xullo, a CIG solicitou a revisión dos pregos no procedemento de licitación para a contratación da conservación ordinaria e da viabilidade invernal das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galiza. Con data do 10 de xuño de 2025, a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) fixo pública, a través da Plataforma de Contratación Pública de Galiza, a...
Martes, 14 Outubro 2025

Manifestación de bombeiras/os forestais en Madrid o 18 de outubro

A CIG, que participa coa Plataforma de bombeiras e bombeiros forestais nesta loita, chama a todas as compañeiras e compañeiros do colectivo a participar nesta manifestación. COMUNICADO A realidade golpea con contundencia, as condicións climáticas mostran o novo camiño dun novo escenario moito máis complexo no mundo dos incendios forestais e as diversas continxencias que se...
Martes, 14 Outubro 2025

Promoción interna de corpos xerais (MSF 13/10/25)

As bases das convocatorias de promoción interna separada para corpos xerais (A1, A2, C1 e C2), pasou pola Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario que tivemos o luns 13 de outubro. Para a súa publicación en DOG falta que queden aprobadas nunha futura Comisión de Persoal. As convocatorias recollen as prazas das OEP dos anos 2022 e 2023. A CIG solicitou a...