Novas por contido

Xa vai moito tempo que dende a CIG vimos denunciando como a Xunta precariza o traballo do seu persoal e trata con total desleixo os servizo públicos, sen parecerlle importar o máis mínimo xa non a saúde do seu persoal senón a calidade do servizos prestados e a eficacia na xestión. Máis o que estamos a ver nestes últimos días supera o inimaxinable e lle debería de sacar as cores a máis de un/unha que se fachenda de bo/a xestor/a.

Dous son os casos que exemplifican á perfección este proceder temerario, rácano e ruín:

O caso do IES San Paio de Tui. Logo do desafortunado pasamento dun dos tres subalternos cos que conta o centro, a Xunta decide amortizar esta praza deixando un IES con 624 alumnos/as con quenda de mañá e tarde, isto é de 8.30 a 22.30 horas, ao dispor tamén dunha Escola Oficial de Idiomas. Se ata o de agora e xa dende a implantación desta EOI, fai máis de 14 anos, o centro contaba con 3 conserxes agora pretenden, aproveitando o falecemento do compañeiro, roubarlles persoal. Sí decímolo ben alto, isto é un atraco!!! porque, como entón se debería de chamar ao incumprimento flagrante dos rateos aprobados polo normativa legal?

Por outro lado facemos constar o caso, tamén sangrante, do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas. Fai xa máis de medio ano, o conselleiro de Educación paseouse por varios xornais e televisións do país anunciando a máis que necesaria obra de ampliación do IES no que se investiu máis de 3 millóns de euros, construíndo un edificio anexo de máis de 1600 metros cadrados para dar cabida á implantación do bacharelato no concello, evitando o desprazamento do alumnado.

Dende a CIG sempre apoiamos o investimento no ensino público de Galiza, máis o que xa nos parece impresentable é que non se dote esta ampliación do persoal preciso para mantelo. O persoal de limpeza leva 6 meses facéndose cargo dos 1600 metros construídos sen que a Xunta fose quen de  apoiar e reforzar o seu traballo. Dende a consellería levan mareando a perdiz co compromiso de ampliación na RPT, máis o atraso deste proceso e a negativa a adoptar algunha medida provisional está tendo un impacto moi negativo no persoal, producindo situacións de esgotamento que desembocan en situacións de incapacidade temporal.

Logo a Xunta pregúntase por que Galiza ten, segundo eles, uns índices porcentuais de baixas entre o persoal máis altas que outras partes do Estado?, pois ao mellor non dotar dos medios necesarios para facer o traballo ten algo que ver con todo isto...

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...