Novas por contido

O pasado venres 14 de marzo fomos convocados a unha xuntanza previa para os efectos de tratar a modificación parcial da RPT da consellería de cultura, Lingua e Xuventude.

Informan de que esta modificación parcial urxente obedece á necesidade de adaptarse á nova estrutura da Xunta de Galiza, recodificando unha serie de postos e financiando a estrutura coa amortización dun posto de persoal de limpeza na Coruña. Comunican que cambios de máis calado quedarán para unha futura modificación.

Dende a CIG manifestamos que :

  • Estamos en contra de calquera amortización, máis sobre todo cando estas soen recaer sobre as escalas máis baixas da administración, como se este persoal “fose prescindible”
  • No gabinete do conselleiro crean dous postos de secretario/a, de libre designación e abertos a outras administracións, así o secretario terá tres secretarios/as, todos en libre designación e abertos a outras administración para poder dispor ao seu antollo...
  • En determinadas escalas como na de arquitectos/as ou arqueólogos/as do servizo de protección e fomento, da subdirección xeral de protección cultural da dirección xeral do patrimonio cultura, así como os expertos lingüístas da secretaría xeral da lingua, hai diferencias de nivel entre persoal da mesma escala facendo as mesmas funcións, as que uns teñen nivel 20 e outros nivel 25 ou 26 polo que demandamos a equiparación de niveis nestes casos.
  • Ao posto de técnico superior de arquivos se lle esixe como requisito indispensable o permiso de conducir, en base á necesidade de facer tarefas “moi ocasionais de condución”. Opoñémonos categoricamente porque non entra dentro das súas funcións, posto que para o traslado da documentación xa existen postos específicos, como son os AP subalternos que ademais de telo como requisito imprescindible cobran por el.
  • Reclamamos tamén a equiparación na dotación de persoal da biblioteca de Vigo con outras bibliotecas, xa que esta con igual ou maior carga de traballo ten menos persoal auxiliar de arquivos e bibliotecas.

Outras novas recentes

Martes, 06 Outubro 2026

Elección de destino de varias escalas de C1, C2 e AP

No DOG do 05/10/2026 publican a Resolución pola que se modifica a Resolución do 24 de setembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo...
Martes, 06 Outubro 2026

Axentes ambientais: case un ano sen o plan de igualdade específico que esixe a lei

A Xunta suspende de novo en igualdade. A Lei 4/2024, do 8 de novembro, básica de axentes forestais e medioambientais, establece unha obriga específica para as administracións competentes. O seu artigo 14 (Igualdade de xénero), dispón literalmente: As administracións responsables, de acordo co fundamento de actuación de igualdade de trato entre mulleres e homes do artigo...
Mércores, 07 Outubro 2026

A CIG solicita oficialmente unha auditoría no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Denunciamos que a Xerencia garda silencio mentres o persoal traballador está ao límite. Despois do peche que fixemos no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (CGSIB) e logo da reunión mantida o día 29 de setembro co xerente do Consorcio, a CIG vén de solicitar oficialmente unha auditoría.  Isto xa non é unha mala xestión: é unha situación insostíbel e un...