Novas por contido

O día 14 de marzo de 2025 tivemos reunión da comisión de seguimento das condicións de traballo da Consellería de Política Social.

A reunión xa empezou con mal pé cando nos enteramos que ía ter unha duración dunha hora xa que despois tiñan outra mesa de negociación. Si se quere ter un dialogo de verdade é evidente que unha hora non é suficiente.

Ao pornos a facer o resumo atopámonos que non hai nada que resumir, a Consellería de Política Social e a D.X. de Emprego Público, como sempre, non teñen nada que dicir nin que aportar. As reunións convértense nunha serie de monólogos onde cada quen expón as súas consideracións sen ningún tipo de diálogo.

A Administración limitouse a entregarnos, de novo, a proposta, basicamente igual, que nos achegou no mes de outubro, desta vez en formato de  dous documentos e co agravante de non dar solucións factibles. Baste un exemplo, nas intersubstitucións que propoñen, unha é a un/unha Oficial 2ª de Cociña (nomenclatura que xa non existe, non respectan nin iso) nun centro onde solo existe 1 Oficial 2ª de Cociña, preguntamos como farían e o silencio é a única resposta.

Chegado a este momento, a CIG reafirmouse no documento entregado no ano 2024, xa que son exactamente as mesmas consideracións.

Continuaremos insistindo en que unha comisión de seguimento debe ser unha mesa de dialogo onde todos e cada un de nos expoñamos o noso punto de vista e cheguemos a acordos, nunca a imposicións por parte da Administración.


Adxuntamos o documento presentado pola CIG en outubro de 2024.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...