Novas por contido

Seguimos reclamando a activación das negociacións. A negociación de RPT está estancada no 2021

O martes 10 de xuño reunímonos co director e a xerente de AGACAL, logo de ter solcitado a xuntanza xa no mes de marzo na procura de información sobre o contrato de xestión da Axencia para o período 2025-2029 e a activación das negociacións de RPT de AGACAL, máis apenas conseguimos que nos deran información algunha:

  • Reclamamos o emprego da lingua galega e a linguaxe inclusiva nas publicacións de AGACAL. Os incumprimentos da normativa en materia lingüística son habituais.
  • Preguntamos pola fonda reestruturación que anunciaron na reunión co persoal do CIAM o 17.03.2025. Non respostan.
  • Solicitamos novamente a apertura de mesas de negociación de RPT, paralizadas dende hai dous anos pola propia AGACAL polo desfase orzamentario que teñen na RPT de 2021 (teñen 11 prazas sen orzamento). Contestan que “van ver se o amañan”.
  • Curso de “Capacitación para traballos con animais de Investigación”. Trasladamos o descontento do persoal coa calidade do curso. Solicitamos que se mellore para vindeiras formacións e se planifique esta formación para todo o persoal do CIAM que traballe con animais (formación persoal de novo ingreso, persoal dos CEFAs,...).
  • Estado da negociación da roupa de traballo. A mesa de traballo que acadou a CIG para negociar o prego de prescricións técnicas non se reúne dende hai un mes, logo de enviar as achegas á súa proposta. Confirman de novo que as nosas achegas van ser incorporadas, o que suporá o cumprimento, por fin, da normativa de prevención de riscos en canto á roupa. Refiren estar traballando niso, máis non contamos que saia antes de setembro. Solicitamos que se suministre xa a todo o persoal de campo crema solar, non podemos agardar a setembro para a protección contra a radiación solar. Verbalizan estar de acordo.
  • Prevención de Riscos Laborais. Os incumprimentos das avaliacións de riscos en AGACAL son sistemáticos! Solicitamos mesa de traballo para revisar os plans de acción e establecer unha cronoloxía seria para o seu cumprimento. A CIG xa interpuxo demanda en Inspección de Traballo polo aumento da siniestrabilidade no CIAM (catro accidentes nun mes). Levabamos 11 meses reclamando medidas urxentes para a cobertura dos postos de campo e denunciando a sobrecarga laboral por falta de persoal en todos os CSSL de medio rural que houbo (xullo 2024 e marzo 2025) e tamén nos medios de comunicación, visibilizando a asociación que hai entre as vulneracións dos dereitos do persoal e o benestar animal (non hai persoal suficiente para atender as necesidades básicas do gando existente). Na demanda en Inspección tamén solicitamos a investigación dos accidentes acontecidos (non se están investigando os accidentes, con ou sen baixa e, polo tanto, non se toman medidas correctoras). O director da Axencia dí que "para arranxar todo non dan as contas e que se están investindo fondos en CIAM, pero as necesidades destes centros son elevadas". Lembramos que AGACAL deixou sen executar 10 millóns de € de fondos europeos para investimentos pola nefasta xestión, que paliarían en boa medida as carencias das instalacións e dos equipamentos.
  • Solicitamos que se incorpore ao novo contrato de xestión 25-29 un plan de formación negociado para todo o persoal de AGACAL. Mandaremos proposta concreta e "estudarán".
  • Reiteramos a preocupación do persoal investigador e deste sindicato pola falta de transparencia na adxudicación de recursos para investigación. Refiren non estar de acordo

Outras novas recentes

Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...