Novas por contido

No verán do 2023, o director xeral de Defenda do Monte, por iluminación divina, sen negociación coa representación sindical do persoal, escolleu a dedo a un grupo de funcionarios/as públicos, da escala de axentes ambientais, para formar parte dunhas unidades segregadas chamadas UDEX (unidades de directores de extinción). Sería algo así como unha unidade de elite para dirixir grandes incendios forestais.

O que daquelas fora unha ocorrencia para uns postos que non existían na relación de postos de traballo, queren agora “regularizala”. A tal fin, decidiron enviar aos sindicatos a súa proposta, que consiste na creación de 6 postos coa forma de acceso de libre designación e concurso específico, de xeito que así poderá seguir cubrindo os postos coas persoas elixidas a dedo.

Estes postos ademais van estar localizados en servizos centrais. Sendo así, como é posible que teñan a capacidade para dirixir a extinción de grandes lumes cando non coñecerán o terreo?

A CIG rexeita a proposta de creación dos postos de UDEX cubertos por LD e por concurso especifico.

Outras novas recentes

Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...