Novas por contido

No DOG do 22/07/2025 publican a RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior, escala de facultativos/as, especialidades de medicina, de psicoloxía e de pedagoxía; do corpo facultativo de grao medio, escala de técnicos/as facultativos/as, especialidades de enfermaría, de fisioterapia, de traballo social, de educador/a social e de terapia ocupacional; do corpo de axudantes de carácter facultativo, escala técnica de gobernantes/as, especialidade gobernante/a; e do corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliares de clínica, corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza.

As persoas interesadas poderán solicitar, por orde de preferencia, os postos ofertados no anexo I desta convocatoria, aos cales se engadirán as potenciais resultas como consecuencia das solicitudes de participación presentadas. Considéranse postos de resultas os postos de traballo cuxo sistema de provisión sexa o concurso ordinario e que estean ocupados con carácter definitivo por aquelas persoas participantes que obteñan un posto de traballo como consecuencia da adxudicación do concurso.

Incluiranse tamén como potenciais resultas os postos de traballo que teñan adscrito persoal funcionario por motivos de saúde ou rehabilitación, e estará condicionada a súa adxudicación a que a persoa funcionaria adscrita obteña un posto na resolución do concurso.

A relación de postos ofertados en resultas publicarase na web corporativa da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no enderezo https://www.xunta.gal/ funcion-publica/concurso-de-traslados/

Presentación de solicitudes (de participación e de elección de postos):

1. Para participantes da Xunta de Galiza en servizo activo na súa escala de participación, accedendo ao Portal do empregado, no enderezo electrónico https://portax.xunta.es

2. Para os que estean en calquera situación distinta da referida no punto 1, a través do portal da web corporativa da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no enderezo electrónico https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/

A solicitude e, de ser o caso, a documentación adicional deberá presentarse electronicamente a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galiza e ata o día de 13 de agosto de 2025 incluído, e dirixirse á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal da Consellería de Facenda e Administración Pública.

Unha vez rematado o período de presentación de solicitudes de participación, publicarase no DOG a apertura dun prazo de 15 días hábiles para presentar as solicitudes de elección de postos de traballo.

Ademais dos postos ofertados no anexo I, engadiranse as potenciais resultas, que se publicarán na web corporativa da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal no enderezo https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/

Outras novas recentes

Mércores, 14 Outubro 2026

Lei de medidas 2027: negociación real ou pura farsa?

A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data! Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente...
Mércores, 14 Outubro 2026

Por un sistema público galego de servizos ás persoas

Dentro da campaña que se está a levar a cabo “Por un sistema público galego de servizos ás persoas”, pedimos xuntanza tanto coa Conselleira de Política social como co Conselleiro de Educación. Adxuntamos os escritos remitidos solicitando esas xuntanzas, para, se o consideras oportuno lles envíes un recordatorio de que estamos á espera dunha data. ASUNTO: O que se...
Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...