Novas por contido

Sen ningún tipo de negociación, sen achegar nin un só documento que indique en que se modificou substancialmente o traballo das asesorías xurídicas, intervencións e xefaturas de servizo ocupadas polas escalas superior e técnica de finanzas, a suba a través do complemento específico de entre 3.500 € e 6.100 € segue adiante, sen pudor nin rubor. Créase unha pseudocaste… porque eu váloo! 

Unha dúbida que nos xorde é esta: está o Goberno en mans destes postos para que defendan os intereses políticos deste Goberno a través de informes á súa medida, e de aí o pagamento a través desta suba…? Ou a situación é a inversa, e son estes postos os que poden chantaxear ao Goberno facendo informes de gasto máis ou menos favorábeis ou na defensa dos intereses políticos, e por iso conseguen esta suba salarial?

Sexa o motivo que sexa, a ninguén se lle escapa que este incremento salarial é inxusto en relación co trato que recibe o resto do persoal que traballa na Xunta de Galiza. Non obstante, isto ten máis transcendencia do que aparenta, ademais de ser sangrante aos ollos de calquera que o vexa. Para entendérmonos acerca das subas percibidas por facer o mesmo que xa facían, aquí van as porcentaxes:

SUBAS SALARIAIS

Asesorías xurídicas

16,67%

Subdireccións nivel 30

19, 56%

Intervencións delegadas

19, 56%

Xefaturas de servizo nivel 28  

Servizos centrais

15,60%

Servizos periféricos

22,87%

Outra dúbida que nos xorde: o resto das xefaturas de servizos periféricos poden pedir xudicialmente que o seu complemento específico se equipare ao complemento específico das xefaturas de servizos centrais, como están a equiparar nesta RPT a estas xefaturas de servizo?

E outra dúbida máis: o resto de postos de traballo de nivel 28 e 30 teñen dereito a reclamar unha suba no seu complemento específico para equiparar o seu salario ao doutros organismos máis vantaxosos?

Para rematar, comunicarlles aos traballadores e ás traballadoras a «perla» que dixo o secretario xeral da Consellaría de Facenda para xustificar a suba do complemento:

É para retribuír unha especial dificultade técnica que ata o de agora non estaba valorada convenientemente… Se evidencia que las pruebas de acceso de esas escalas son, a día de hoy, distintas, con más pruebas… Creo que son aún las únicas en que se están exigiendo exámenes orales para las pruebas de acceso… Evidentemente son por que tienen una especial dificultad técnica y que es el objeto de la retribución. 

Con este nivel de xustificación —activamos o modo de retranca— que podemos dicir nós para poder opoñernos á suba?!

Para a CIG, está moi ben homologar e compensar responsabilidades e cargas de traballo por arriba, pero sen esquecer que queda atrás moita outra xente que tamén o merece.

Outras novas recentes

Venres, 25 Setembro 2026

Novos actos de elección de destino, Consorcio, comisións de servizos en Política Social, INTECMAR (mesa sectorial do 23/09/26)

Preguntamos pola promoción interna de Psicoloxía xa que a primeira parte foi o día 30 de xuño e o segundo exame tiña que ser en 40 días e sacaran resolución ampliando 20 días máis. O prazo (coa ampliación) rematou o pasado 18 de setembro e non temos máis información. O que nos din da DXEP é que remataron de preparar o listado de postos e continuarán en breve, pero non da...
Mércores, 30 Setembro 2026

En mans de quen están as traballadoras do Consorcio? Alguén aos mandos? Hai alguén aí?

Xuntanza coa xerencia do Consorcio (29/09/26) O martes 22 de setembro tivemos que pecharnos no Consorcio porque a situación para moitas das traballadoras que deixaron de prestar servizos no Consorcio, é insostible. Manifestamos que non nos moveríamos do acceso ao edificio se o xerente non nos daba un día e hora para reunirnos por culpa das ilegalidades que están facendo...
Mércores, 30 Setembro 2026

Erros na elección de destino en C1-C2-AP de mantemento, RRNN, cociña, condución, análise de laboratorio e limpeza

A Xunta publicou en DOG o mércores 30 a convocatoria para a elección de destino de diversas escalas de C1-C2-AP (mantemento, RRNN, cociña, condución, análise de laboratorio e limpeza). Inmediatamente detectamos numerosos erros na relación de postos ofertados, incluíndo códigos repetidos, polo que falamos con persoas responsábeis da Dirección Xeral de Emprego Público e...