Novas por contido

O pasado 10 de xuño, a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) publicou na páxina de Contratos Públicos de Galiza a documentación relativa á contratación da conservación ordinaria e vialidade invernal das estradas dependentes da Xunta de Galicia. Nos pregos desta licitación figuran os requisitos e tipo de persoal con dedicación exclusiva que deben contratar as empresas adxudicatarias do contrato.

A vixilancia de conservación xa ven sendo realizada dende fai anos polas empresas adxudicatarias. Porén, nestes novos pregos técnicos entre as condicións para Coruña Norte e Coruña Sur, aparecen catro contratos denominados expresamente como “vixilantes de explotación” (2 para cada zona). No resto das zonas non aparecen este tipo de vixilantes.

A vixilancia do estado de conservación e explotación dos elementos que integran o dominio público viario, das obras dirixidas pola Axencia Galega de Infraestruturas ou obras realizadas por terceiros, son funcións propias da escala de axentes de inspección, especialidade de vixilancia de estradas, segundo indica a Lei de emprego público de Galiza, quenes teñen a condición de axentes da autoridade segundo a Lei 8/2013 de estradas de Galiza.

A privatización encuberta das funcións de vixilancia e inspección supón unha vulneración flagrante do marco legal vixente, ademais de implicar unha perda de garantías para a cidadanía e unha desvalorización inxustificada do emprego público. A CIG dirixiu escrito á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas Públicas, así como á Axencia Galega de Infraestrutura, no que lle esiximos o cumprimento estrito da lexislación e a defensa do carácter público das funcións que implican autoridade administrativa.

Outras novas recentes

Mércores, 14 Outubro 2026

A DXEP acumula atrasos, evita dar prazos e deixa sen resposta as demandas da CIG

A rolda aberta de intervencións da Mesa Xeral volveu evidenciar unha Administración instalada na demora e na falta de transparencia. A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) confirma que haberá "repescas" en todos os procesos de estabilización e acceso libre, pero non pon datas; non responde ante o caos no Consorcio e alega descoñecer a...
Luns, 19 Outubro 2026

Destinos e convocatoria oposicións (axen. ambientais, c2-cociña, coidador, subalterno, limpeza, e P.I. administrativo) (MSF 16/10/26)

Na Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario (MSF), discutimos coa Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP), as bases das convocatorias de varios procesos selectivos. Na rolda aberta de intervencións, a DXEP deu información sobre a convocatoria de elección de postos de diversas escalas. Convocatoria de procesos selectivos Respecto das...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...