Moitos dos concursos de traslados do persoal funcionario da Administración Autonómica actualmente convocados están parados ou gravemente afectados por medidas xudiciais.
Dende a CIG convidámoste a asistir ás asembleas que convocamos para falarmos dos problemas e da situación de todos os concursos de traslados e das consecuencias das sentenzas e das medidas cautelares sobre prazas ofertadas que están ocupadas en destino provisional.
As asembleas ímolas realizar o luns 8 e martes 9 nos edificios administrativos da Xunta. Se é do teu interese, aquí tes a información do día, hora e sala das asembleas:
Luns 8 de setembro
- Compostela, ás 11:00 h, no salón de actos de San Caetano
Martes 9 de setembro
- Pontevedra, ás 10:30 h, na sala de conferencias (fronte á cafetería)
- A Coruña, ás 11:00 h, no salón de actos
- Ourense, ás 12:00 h, no salón de actos
- Vigo, ás 12:30 h, no salón de actos
- Lugo, ás 12:30 h, no salón de actos