Novas por contido

Todas as persoas que durante o ano 2025 estiveron en suspensión de emprego por nacemento, garda con fins de adopción, acollemento ou adopción dun fillo ou filla, así como, risco durante o embarazo ou a lactación natural deberá pedir un certificado de bases de cotización para poder reclamar o pagamento dos atrasos da suba do 2,5 % do ano 2025 á Mutua ou á Seguridade Social.

Debes solicitar este certificado das bases de cotización de todo o ano 2025, independientemente de se xa estás incorporadas ou non.

Só llo van pagar, despois de reclamalo, a aquel persoal que comezara a baixa ou a suspensión a partir do mes de febreiro de 2025. No caso de que comezara a IT ou a suspensión en xaneiro de 2025 ou antes, a contía da prestación calcúlase pola de cotización do mes anterior (que corresponde a 2024), non farán efectiva a suba até a súa incorporación. Neste caso recomendamos tamén pedir un certificado de bases de cotización.

Na CIG opinamos que a Lei da Seguridade Social de aplicación, ocasiona unha discriminación por razón de sexo xa que as persoas que se acolleron á suspensión por nacemento, garda con fins de adopción, acollemento ou adopción dun fillo ou filla, teñen un detrimento económico polo feito de facer uso dun dereito de conciliación. Por este motivo, nestes casos nos que se fixera uso das suspensións por nacemento, garda con fins de adopción, acollemento ou adopción dun fillo ou filla deberá solicitar á Administración o cobro dos atrasos.

Se tes algunha dúbida ou queres consultar a túa situación, ponte en contacto coa CIG

Outras novas recentes

Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...