Novas por contido

A autoridade laboral obriga á Xunta a avaliar os novos riscos (psicosociais e de todo tipo) que se están producindo neste complexo por mor do cambio no perfil das persoas usuarias

Dende hai uns anos, ingrésanse en centros residenciais, que antes eran só para persoas maiores, outro tipo de persoas usuarias de emerxencia social.

Despois da denuncia da representación do persoal, a Inspección de traballo declara que se constatan as seguintes situacións: 

  1. Persoas usuarias con perfil de adicións.
  2. Persoas usuarias que poden abandonar o centro e ao retornar acotío o fan con evidentes signos de atoparse baixo os efectos do alcol ou outras substancias.
  3. Usuarios ou usuarias cun perfil de patoloxías psiquiátricas que requiren de medicacións para o seu tratamento e que, con frecuencia, néganse a tomala, co que se altera o seu comportamento.
  4. Situacións de conflito co persoal e persoas usuarias do centro.
  5. O persoal que realiza a atención directa manifesta, en relación con estas usuarios/as, non ter capacidade en número de efectivos nin coñecementos sobre como proceder ante os conflitos ou situacións de violencia verbal o física que se poidan dar, así como que se ven sometidos a unha situación emocional complexa, derivada tanto do ata aquí sinalado como da repercusión que esta situación ten para o resto de persoas usuarias que senten temor ante o que perciben como situacións de inseguridade, e o trasladan de forma reiterada. 

Ante esta situación de extrema gravidade, a autoridade laboral insta á Xunta a:

  1. Elaboración dun Plan de Prevención.
  2. Evitar o risco.
  3. Proceder a unha avaliación dos riscos laborais derivados da atención a estes novos perfís.

Para dar cumprimento aos requirimentos da Inspección de Traballo, a Xunta constituiu un grupo de traballo que estará presente durante todo o proceso de intervención. Os cuestionarios distribuiranse e serán cubertos “in situ” polo que o grupo de traballo estableceu varias datas para tratar de facilitar que todo o persoal poida realizalos, concretamente realizarase os días 2, 4, 6, 9, 11 e 13 de febreiro, en horario de 11.30 a 15.30 h.

Podedes contactar coas delegadas da CIG para calquera dúbida ou pinchando aquí.


Fabiola, non estigmatizamos a persoas enfermas; a Xunta abandona á súa sorte a persoas usuarias e traballadoras!!

Outras novas recentes

Mércores, 02 Setembro 2026

Carné de conducir + Persoal auxliar coidador

Chegounos información nestes días, de que persoal auxiliar coidador estaba a recibir un correo electrónico do Servizo de Selección de Persoal (Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal), no que se lle informaba de que "para os efectos de acreditar estar en posesión do carné de conducir tipo B que se precisa para desenvolver determinados postos da escala...
Venres, 04 Setembro 2026

A Consellería do Medio Rural coloca adhesivos nas motobombas “Prohibido subir á parte superior agás persoal autorizado con equipo anticaida"

O que non resulta admisible é establecer unha norma de seguridade sen dotar previamente os vehículos e o persoal dos medios necesarios para poder cumprila. Hai que  cumprir a norma SI, pero co material adecuado: 1. Real Decreto 1215/1997 • Art. 2: definición de equipo de traballo. • Anexo I, apartado 1.6: risco de caída superior a 2 m → varanda ou protección colectiva...