Novas por contido

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou aos sindicatos para o luns 19 de xaneiro, a unhas xuntanzas da Mesa Xeral de negociación de empregados/as públicos, e á Mesa Sectorial de negociación de persoal funcionario, cos seguintes puntos na orde do día:

  • Modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) da Consellería do Mar. Descargar

  • Modificación da RPT do Instituto Galego de Estatística (IGE). Descargar

  • Convocatoria de proceso selectivo a xefe/a de brigada (grupo B). Descargar

  • Convocatoria de proceso selectivo a bombeiro/a forestal (subgrupo C2). Descargar

  • Convocatoria de proceso selectivo por concurso a bombeiro/a forestal e b.f. condutor (V-14 e 14A). Descargar

  • Convocatoria de proceso selectivo por concurso a xefe/a de brigada (III-100). Descargar

Outras novas recentes

Martes, 22 Setembro 2026

A CIG denuncia o absoluto abandono do persoal técnico de enxeñaría forestal pola Consellaría do Medio Rural

Esiximos a convocatoria urxente da Mesa de seguimento do Acordo das condicións de traballo e avances na xubilación anticipada e a inclusión na xuntanza do 24 de setembro das especializacións e da actualización do Acordo de condicións de traballo, ao tempo que denunciamos a total falla de planificación de Defensa do Monte para o dispositivo de incendios ante o posíbel...
Martes, 15 Setembro 2026

A Xunta de Galiza discrimina na carreira profesional ás súas traballadoras en redución de xornada por conciliación

A CIG denuncia que Facenda, por aforrar 2 pesos, incumpre toda a normativa de igualdade situándonos na prehistoria dos dereitos das mulleres traballadoras.Traballadoras da Xunta de Galiza veñen de ver  denegado o grao de carreira profesional por non acadar o tempo necesario para a súa concesión, alias a súa antigüidade na Administración fora máis que suficiente. Unha vez...
Luns, 21 Setembro 2026

Non á perda da axuda dos 180 € tras a estabilización

A CIG vén de solicitar a Función Pública que aquel persoal que supere un proceso de estabilización e que teña recoñecida a axuda por persoa con discapacidade do artigo 35 do V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza non deixe de percibila. Entendemos que, como xa pasou co persoal laboral que se funcionarizou, o persoal que estabilizou deixará de percibir esta axuda e cando...