Novas por contido

O SAEG, un servizo esencial do que depende a saúde da poboación galega ven desenvolvendo a súa actividade nunhas condicións laborais inasumíbeis para o persoal

O persoal funcionario do Servizo de Alertas Epidemiolóxicas de Galiza -incluíndo aos  Servizos de Vixilancia Epidemiolóxica dos Departamentos Territoriais de Sanidade  e do Centro Galego para o Control e Prevención das Enfermidades (CEGACE)-, garante a atención continuada das alertas de saúde pública as 24 horas do día, todos os días do ano. O persoal deste servizo realiza tarefas de alta responsabilidade técnica (xestión de abrochos, de casos urxentes de enfermidades infecciosas, coordinación con servizos asistenciais, 061, laboratorios, etc.) que se desenvolven de forma sistemática e non extraordinaria. Do correcto funcionamento deste servizo pode depender a saúde da poboación galega ante situacións de transmisión de infeccións (como o meningococo, o sarampelo…), ou de posibles abrochos contaxiosos.

O persoal traballador deste servizo está a realizar as súas funcións baixo determinadas condicións de xornada, gardas e compensacións específicas. Tales condicións nunca foron acordadas, e nin sequera negociadas, coa representación legal do persoal.

Recoñecemos a capacidade autoorganizativa da Administración para decidir a súa estrutura e funcionamento, pero iso non pode supoñer a imposición unilateral e discrecional das condicións de traballo do seu persoal mediante ordes ou instrucións que obvian e mesmo vulneran o dereito á negociación colectiva coa representación sindical.

A CIG, xunto con CCOO, CSIF e UGT, que exercemos a representación legal do persoal referido, non fomos informados, nin consultados, e moito menos fomos convocados a negociar ningunha das ordes e instrucións anteriormente citadas que afectan ás condicións de traballo do persoal. Por este motivo vimos de asinar conxuntamente unha petición diante da Dirección Xeral de Emprego Público na que solicitamos a apertura dun proceso de negociación para un acordo que regule as condicións de traballo do persoal do Servizo de Alertas Epidemiolóxicas de Galiza.

 

 

Outras novas recentes

Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...