Novas por contido

A CIG, hai xa dez anos, que logramos a protección das traballadoras embarazadas das escolas infantís do Consorcio, fronte o risco biolóxico no embarazo, tras unha sentenza dun xulgado do social de Vigo, ratificada polo TSXG.

Non foi doada a aplicación plena da sentenza e a implementación dun protocolo que protexera as traballadoras embarazadas dende o momento que comunicaban a situación de embarazo. Despois de inxentes xestións e denuncias ante a autoridade laboral conseguiuse que se fixera a declaración de postos exentos de riscos para o embarazo, concluíndo que non hai ningún posto sen risco nas escolas infantís porque a natureza do risco está nas propias crianzas usuarias.

Segundo as directrices para a avaliación de riscos e protección da maternidade no traballo impartidas polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT), tratándose de CMV están contraindicadas as probas de detección precoz de anticorpos nas traballadoras embarazadas, sendo aconsellable limitar ao máximo o contacto con fluídos biolóxicos no embarazo no caso de seronegatividade mentres que no caso contrario non está garantida a protección fronte á reinfección ou reactivación da infección. Non existe vacinación, asociándose a infección do feto de consecuencias graves coa infección materna.

Tarefas como cambio de cueiros, dar de comer, consolar e calquera outra exposición a fluídos expón ao contaxio á traballadora embarazada.

Tras a denuncia en inspección de traballo, a Consellería séntase a falar coa Mutua e a Dirección Xeral de Emprego Público para darlle saída a esta situación, que pon en risco a saúde das traballadoras das escolas infantís da Axencia Galega de Servizos Sociais e da súa descendencia. Nas mesmas condicións de exposición a un risco de natureza biolóxica, as traballadoras do Consorcio están protexidas e as demais non.

No Comité de Seguridade e Saúde Laboral, trasládannos que están dando os pasos iniciais e que terán que resolverse nos vindeiros días para renderlle contas á inspección de traballo a través dun protocolo único para todas as escolas infantís (Consorcio e Axencia).

A CIG cos dereitos das mulleres!!

Se necesitas axuda, ponte en contacto coa CIG

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...