Novas por contido

No DOG do 15/04/2025 publican a RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galiza polo que se autorizan os criterios de repartición e a convocatoria do Fondo de Acción Social para o exercicio económico do ano 2025 relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade.

O importe da axuda será de 2.160 euros por persoa causante, con rateo da dita cantidade para o caso de que o recoñecemento ou cualificación da discapacidade se producise con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2025 ou a convivencia non se mantivese durante todo o exercicio. A axuda aboarase na conta consignada para o ingreso da nómina.

Poderán solicitar a axuda do Fondo de Acción Social as persoas empregadas públicas que prestasen servizos durante o ano 2025 nalgún dos órganos ou entidades a que se refiren as letras a) e c) do artigo 4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galiza, e que teñan a condición de:

a) Persoal funcionario, incluído o persoal docente.

b) Persoal laboral do V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galiza que se atope nalgunha das seguintes situacións:

– Que teña a cargo unha persoa causante cun grao de discapacidade igual ou superior ao 75 % e con rendas superiores a 15.876 euros anuais en concepto de rendementos de traballo ou de prestación que teña tal consideración.

– Que cumpra os requisitos para ser beneficiario desta axuda e se lle denegase a prevista no artigo 35 do V Convenio colectivo.

– Que estivese adscrito a un posto de natureza fixa descontinua, caso en que terá dereito a percibir a parte proporcional da axuda correspondente aos períodos de inactividade.

c) Profesorado de relixión.

A solicitude será única, con independencia do número de persoas causantes con discapacidade polas que se solicita a axuda, e xerarase de forma telemática desde a internet: http://www.xunta.es/dxfp/fas.htm. Presentarase dentro do prazo dos dez (10) días hábiles seguintes ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galiza de forma dixital a través da sede electrónica da Xunta de Galiza (https://sede.xunta.gal/portada) mediante o trámite de solicitude xenérica, a través do servizo PR004A –Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado– e dirixiranse á Consellaría de Facenda e Administración Pública, unidade Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal. No obxecto do asunto indicarase: Convocatoria do Fondo de Acción Social do ano 2025. Xunto coa solicitude achegaranse tamén as copias auténticas dos documentos que se exixen e das certificacións que xustifiquen os feitos que se aleguen.

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...