Novas por contido

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocou Comisión de Persoal para o venres 8 de maio, na que se van aprobar as convocatorias dos procesos selectivos de C1 e C2 de condución, e C1 e C2 de mantemento. Os documentos son exactamente iguais que os que enviaron para a MSF do luns 4 de maio. 

Os catro teñen as seguintes características: forma de acceso mediante oposición; promoción interna conxunta con libre, co 25% das prazas, vertical e horizontal dende calquer escala do mesmo e inferior subgrupo. Para condución, habendo 3 exercicios puntuables deciden que despois de aplicar a puntuación do 1º para o desempate, xa pasamos á letra do apelido en troques de acudir ao 2º exercicio. E tamén para condución, néganse a fixar que a asignación do vehículo no que realizar o 3º exercicio será por sorteo e non a dedo polo tribunal.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...