Novas por contido

Chamamos a todo o persoal a participar nas concentracións convocadas contra o Decreto 40/2026, que modifica o 37/2006 de listas de substitucións. Aféctanos a todas e todos, no só ás persoas que están nas listaxes: falta de coberturas, denegación de permisos, vacacións... vai ligado a este despropósito. Esta é una  modificación que recorta dereitos, limita as posibilidades de mellora laboral e impón condicións cada vez máis precarias e inxustas ao persoal interino e temporal da Administración Autonómica.

Non podemos permitir que a falta de planificación da Xunta se traduza en máis presión, menos garantías e peores condicións para as traballadoras e traballadores. A eliminación da mellora de emprego, os chamamentos urxentes con prazos mínimos, a suspensión automática nas listas ou a imposición exclusiva dos medios electrónicos son medidas inaceptables.

É o momento de responder colectivamente e defender os nosos dereitos, a conciliación, a estabilidade laboral e uns servizos públicos dignos.

Participa nas concentracións do martes 26 de maio ás 11:00 horas.

  • Pontevedra: Edificio Administrativo Xunta de Galicia (Campolongo)
  • Vigo: CRAPD 1-Meixoeiro
  • A Coruña: Edificio Administrativo Monelos
  • Lugo: Edificio Administrativo Xunta de Galicia (Rolda da Muralla) 
  • Ourense: Edificio Administrativo Xunta de Galicia (Casa de Chocolate)
  • Ferrol: Edificio Administrativo Xunta de Galicia
  • Compostela: Edificio Administrativo San Caetano ( explanada de arriba)    

Asina en https://change.org/decreto40-2026

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...