Novas por contido

Nesta xuntanza da Comisión de Persoal tratamos os procesos selectivos de A1-Escala de inspección urbanística, especialidades técnica e xurídica e A2-Escala de axentes de extensión pesqueira; o erro na esixencia do Celga 4 ao C2-Cociña e persoal coidador; insistimos en obter información sobre as listaxes de substitución da Lei 17; denunciamos que non se empregue o Portax para vacacións e permisos do PAS de centros de ensino e advertimos de que esixiremos responsabilidades tamén aos órganos directivos de producírense accidentes ou neglixencias pola falla de persoal gardacostas para salvamento.

Convocatorias de oposición: A1-Inspección urbanística (esp. técnica e xurídica), A2-Extensión pesqueira, C2-Cociña e coidadoras

Na Comisión de Persoal do 29 de maio votamos en contra das dúas convocatorias de oposición de A1-Escala de inspección urbanística, especialidades técnica e xurídica e A2-Escala de axentes de extensión pesqueira, xa que non estamos a favor de que non se convoque a través de concurso-oposición, de que non inclúan o total das prazas ofertadas na OEP do 2024, e de que non eliminen materia nos exercicios. Tampouco concordamos con como puntúan os exercicios.

Por outra banda, no DOG do martes 19 de maio, a respecto das publicacións do C2-Cociña e persoal coidador, sinalamos que hai un erro no punto 6º,  xa que piden o Celga 4 e ten que ser o Celga 3. A DXEP indica que publicarán unha corrección de erros.

Listaxes de agarda da Lei 17

Tamén volvemos preguntar de novo polas listas de substitución da Lei 17 e en que quedou a consulta que a DXEP lle ía facer ao Sergas. Responden que aínda non o falaron, que está pendente… Como pode ser que a directora xeral deixe pasar estas cuestións mesa tras mesa?!

«Cuestión PAS» da semana: vías oficiosas para as solicitudes de vacacións e permisos nos centros de ensino

Ante a falla de resposta por parte da Consellaría de Educación e do director xeral de Centros e Recursos Humanos para recibirnos, pedimos que conste na acta que a partir de agora ímoslle facer en todas as comisións de persoal unha «cuestión PAS». A desta semana é: como é posíbel que nos centros de ensino asuntos do PAS como pedir vacacións ou permisos non vaian polas canles reguladas para o resto de persoal (Portax) coas que fiquen garantidos os seus dereitos?

Falla de cobertura das vacantes de gardacostas para salvamento

En último lugar, manifestamos a respecto do persoal gardacostas que xa preguntamos en febreiro nunha mesa, e en abril volvemos facelo tamén, pola falla de cobertura das vacantes deste colectivo. No caso de que se produzan accidentes de persoas no mar e se deduza neglixencia ao non haber persoal gardacostas para salvamento, a CIG advirte de que vai esixir responsabilidades tamén a todos os órganos directivos implicados, incluso pola vía penal se é preciso.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...