Novas por contido

Após a xuntanza da Mesa Sectorial do Persoal Funcionario do luns 01/06/2026 onde se tratou a proposta de modificación da RPT da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, agora a directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal vén de convocarnos a unha Comisión de Persoal que terá lugar o venres 05/06/2026, coa seguinte Orde do día:

1. Proposta de modificación da RPT da Administración xeral da Comunidade Autónoma da Galiza. Descargar

Nesa Comisión de Persoal someterase a votación a proposta de modificación achegada e que contén uns cambios no relativo á creación e amortización de postos respecto da proposta que foi á mesa sectorial, quedando finalmente como se reflicte no seguinte cadro. 

Creacións e amortizacións
CREAN AMORTIZAN
 A1 (20) 125   C1-C2 (16) 81 
 A2 (16) 141   C2 (14) 6 
 C1 (14) 57   C2 (12) 50 
 C2 (14) 6   AP (10) 30 
 AP (10) 9     
 AP MAN(10) 2     
 TOTAL 340   TOTAL 167 

 

Outras novas recentes

Venres, 25 Setembro 2026

Novos actos de elección de destino, Consorcio, comisións de servizos en Política Social, INTECMAR (mesa sectorial do 23/09/26)

Preguntamos pola promoción interna de Psicoloxía xa que a primeira parte foi o día 30 de xuño e o segundo exame tiña que ser en 40 días e sacaran resolución ampliando 20 días máis. O prazo (coa ampliación) rematou o pasado 18 de setembro e non temos máis información. O que nos din da DXEP é que remataron de preparar o listado de postos e continuarán en breve, pero non da...
Martes, 29 Setembro 2026

Campaña de revisións médicas 2026-2027 en centros de ensino

Prazos de inscrición Persoal nomeado antes do 25 de setembro: dende o 25 de setembro ao 31 de outubro. Persoal nomeado o 26 de setembro ou despois: dende o día 1 ao 20 do mes seguinte á súa toma de posesión. Persoal interino e substituto: dende o día 1 ao 20 do mes seguinte a aquel no que se cumpran os 65 días traballados de forma ininterrompida, contados dende o...
Mércores, 30 Setembro 2026

A CIG reclama unha comisión paritaria e negociación real antes da aprobación do plan anual de formación 2027 da EGAP

A CIG vén de instar á Dirección Xeral de Emprego Público a constituír e convocar a Comisión Paritaria de Formación para o Sector da Autonómica e a garantir a negociación efectiva da formación antes de que o plan anual 2027 sexa aprobado polo Consello Reitor da EGAP; así como antes da aprobación dos restantes plans específicos de formación do sector. A formación non pode...