Novas por contido

Na reunión da mesa sectorial do luns 01/06/2026, se abordaron varias cuestións relativas ás tomas de posesión de corpos xerais.

 

A RPT para incrementar prazas para os actos de elección de destino

En primeiro lugar, o asunto que se levaba á mesa era a RPT de administración xeral, onde se creaban postos para poder realizar as tomas de posesión.

Créanse 341 postos e amortízanse 170 co que o saldo neto é de 172 postos creados. Os postos creados son basicamente postos base, excepto 6 C2 14 que se crean en centros de ensino. Os postos amortizados son maioritariamente en Servizos Centrais.

A primeira pregunta sobre si as prazas son suficientes para facer os actos de elección de destino das 8 promocións de persoal funcionario di que si. Preguntamos si as prazas amortizadas son vacantes puras, cousa que confirma.

En segundo lugar expoñemos que se poden crear postos base nos servizos periféricos, porque si sobraron do concurso, pois non habería problema en crear máis e que existan máis probabilidades de que as persoas poidan escoller cerca ou a unha distancia razoábel do seu domicilio.

Consideramos que non se deben amortizar prazas en centros pequenos porque aí tería máis repercusión sobre o incremento da carga de traballo. E tamén destacamos que as creacións de prazas de auxiliar e subalterno en centros de ensino si se fai por ratio, non debería de ter a contrapartida de amortizacións, pois é unha obriga crealas.

Non atenden estas últimas demandas. Aínda así pensamos que deben actuar con celeridade para ter todo listo para os actos de elección de destino.

A nós non nos saen as contas porque para que comecen a mediados de xuño terían que estar publicados xa.

A directora di que nos informará a finais de semana, o cal é adiar outra vez a decisión.

Creacións e amortizacións
CREAN AMORTIZAN
 A1 (20) 125   C1-C2 (16) 81 
 A2 (16) 141   C2 (14)
 C1 (14) 58   C2 (12) 50 
 C2 (14)  AP (10) 33 
 AP (10)    
 AP MAN(10)    
 TOTAL 341   TOTAL 170 

 

A cuestión das promocións internas

Neste asunto, tal e como informamos aquí, dende a CIG vemos unha solución clara, rápida e que garante os dereitos do persoal das promocións internas. E ademais non é algo novo porque XA SE PROBOU no 2022 e funcionou. As persoas que promocionan e concursan a postos abertos ao subgrupo ao que promocionan deben poder ter ese posto como destino definitivo.

A directora intenta dar unha explicación pero os argumentos son bastante febles e curiosamente a eiva que plantexa a tería a promoción do 20 e non do 23. O que intenta colarnos é unha suposta inxustiza en que se “reclasifique” o posto. Porque segundo ela, os do 2020 promocionaran e estaban en provisional cando se convocou o concurso, polo que tiveron que concursar dende a excedencia no subgrupo inferior.

Non acabamos de velo e preguntamos cal é o problema diso? E cal e o problema que non se solvente coa solución que plantexamos.

A verdade é que ou hai preguiza intelectual para tratar de resolver problemas ou hai razóns que se nos escapan para non adoptar a decisión. O que temos claro é que as explicacións son desculpas.

O que plantexa ela son dúas opcións: a primeira dar destino á promoción do 23 (a do 20 xa entra) coa incompatibilidade da praza de concurso e a da PI. A segunda, adiar a toma de posesión para máis adiante (comeza falando dun mes despois) para que as persoas que concursen tomen posesión no concurso e logo poidan tomar posesión nese posto no subgrupo ao que promocionaron.

Esta solución valería para os que concursaron pero relegaría aos que promocionaron e non concursaron e non teñen un posto aberto a elixir despois dos outros 7 procesos que van ir aos actos de elección de destino.

Os outros sindicatos aceptan a opción da administración de adiar a toma de posesión da promoción do 23.

A directora di que nos dirá as datas que reclamamos e a decisión adoptada a finais de semana.


SOBRE O NOVO COMUNICADO CONXUNTO DE CCOO, UGT E CSIF

Non sabemos que intereses teñen a administración e estes tres sindicatos en non aceptar a solución proposta. O que si sabemos é que as súas propostas son coincidentes e perxudiciais.

Din que a CIG “non informou” ao colectivo. Como todos saben, si se informou, aínda que pola urxencia fose a través de canais co colectivo afectado. E a nota no noso web foi media hora despois de que eles sacaran os seus informas.

A resignación destes sindicatos dicindo que só hai dúas alternativas, as que di a directora, e desbotando a alternativa de facer o mesmo que no 2022, pois fortalece máis a decisión da Xunta de non optar por ela.

E o que xa é o colmo é que nos veñan con esas cando eles estiveron pedindo sinaturas para que a promoción interna tomara posesión xa.

Outras novas recentes

Mércores, 17 Xuño 2026

Xefaturas de sección (corpos xerais), sentenzas de destino definitivo, persoal veterinario e escolas infantís (MSPF 17/06/2026)

Nesta Mesa Sectorial de Persoal Funcionario (MSPF), dende a CIG puxemos enriba da mesa as seguintes cuestións:A1-xefaturas de sección que non saíron no concurso de traslados; chamadas de Emprego Público indicando a persoas con tomas de posesión feitas que teñen que elixir outro destino (sentenzas de destino definitivo); aclaración sobre o persoal veterinario que superou...
Xoves, 18 Xuño 2026

EGAP: convocatoria de probas de avaliación para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix)

No DOG do 18/06/2026 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2026 pola que se convocan as probas de avaliación para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix) nos seus niveis de iniciación e intermedio para o persoal ao servizo da Administración autonómica da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico, da...
Venres, 19 Xuño 2026

A XUNTA "NOSTRA": uso de prácticas mafiosas no concurso de traslados

Ameazas de desterro de oficio a quen non ceda o seu posto Estrañas manobras en Emprego Público para que algunhas persoas renuncien aos postos obtidos no concurso. A lei do silencio chega á Función Pública galega. A DXEP pretende tapar os seus erros xudiciais roubándolle os postos aos persoal mediante a táctica do susto ou trato telefónico. O "trato" é que colles un posto...