Novas por contido

Nesta Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario, a directora xeral de Emprego Públiico trasládanos o seguinte calendario de resolucións de adxudicacións de postos dos concursos de traslados e dos actos de elección de destino:

Informática: van publicar unha corrección de erros para cambiar dúas cuestións: 

  • Modifican o apartado D), referido ao traballo desenvolvido, de xeito que no lugar de tempo desempeñado na escala de participación terá que poñer «nas escalas obxecto da convocatoria» (xa que hai varias escalas). 
  • Modifican a primeira parte referida ás renuncias: anteriormente cada persoa só podía participar dende un subgrupo, pero isto cambiou, e neste caso pode haber renuncias como resultado do concurso, xa que unha mesma persoa pode ter varias adxudicacións, e isto non quedou regulado e teñen que especificar como teñen que proceder.

F0225 – Arqueoloxía; técnica de restauración; técnica de delineantes; de facultativas de arquivos, bibliotecas e museos; de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos; técnica de arquivos, bibliotecas e museos, e auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos: publican no DOG este venres 19 de xuño (toma de posesión en setembro).

F0325 - Corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de veterinarias: publicarán o baremo provisional en xullo.

F0425 - Laboratorio, mantemento, limpieza, cociña, recursos naturais e forestais: neste caso non publicarán no mesmo día a convocatoria de elección de destino, só publicarán entre o 22 e o 26 de xuño a resolución do concurso. Non teñen a previsión de datas da elección de destino, pero se lles dá tempo farano en xullo, senón na primeira quincena de setembro.

F0326 - Corpo facultativo de grao medio, escala técnica facultativa, especialidade de educador e educadora infantil; corpo de técnicos/as de carácter facultativo, escala de axentes técnicos/as facultativos/as, especialidade de educación infantil; corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliar de coidadores/as: publicarán na primeira quincena de xullo o resultado da adxudicación de postos e elección de destino (toma de posesión o 1 de setembro). Tentarán que sexa nos primeiros días para que estea resolto a tempo e poder negociar as carteleiras antes da incorporación o 1 de setembro e antes do inicio das vacacións en agosto. Dende a CIG levamos varias mesas insistindo en que inclúan os procesos de oposición libre e, finalmente, confirman nesta mesa que si os incluirán.

F0426 - Corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de xerocultor/a, e do corpo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, corpo auxiliar, escala de persoal de servizos xerais (PSX): publicarán o baremo provisional en xullo.

Contacta coas túas delegadas e delegados da CIG para aclarares calquera dúbida ou escríbenos! 

Outras novas recentes

Mércores, 07 Outubro 2026

A CIG solicita oficialmente unha auditoría no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Denunciamos que a Xerencia garda silencio mentres o persoal traballador está ao límite. Despois do peche que fixemos no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar (CGSIB) e logo da reunión mantida o día 29 de setembro co xerente do Consorcio, a CIG vén de solicitar oficialmente unha auditoría.  Isto xa non é unha mala xestión: é unha situación insostíbel e un...
Mércores, 14 Outubro 2026

Lei de medidas 2027: negociación real ou pura farsa?

A documentación do anteproxecto da Lei de Medidas para 2027 chega o martes 13 ao mediodía, reunímonos o mércores 14 e o xoves 15 xa vai á Comisión de Persoal. A pesares de pedir adiamento por este motivo négase a mudar de data! Que negociación é esta? Unha farsa! Sen tempo para estudar, consultar co persoal nin presentar alegacións. Convocan mesas para cubrir o expediente...
Mércores, 14 Outubro 2026

A DXEP acumula atrasos, evita dar prazos e deixa sen resposta as demandas da CIG

A rolda aberta de intervencións da Mesa Xeral volveu evidenciar unha Administración instalada na demora e na falta de transparencia. A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) confirma que haberá "repescas" en todos os procesos de estabilización e acceso libre, pero non pon datas; non responde ante o caos no Consorcio e alega descoñecer a...