Novas por contido

Dado que a Administración segue adiante coa aplicación do Decreto 40/2026, que modifica o 37/2006 de listas de substitucións chamamos a todo o persoal que forma parte das listas de contratación e ao que está en activo a una folga o vindeiro día 23 de xuño de 11h a 12h.

Este problema afectanos a todas e todos. Ó persoal que forma parte das listas que ve recortados os seus dereitos, non se lle permite mellorar laboralmente, hai prazos mínimos para incorporarse, máis dificultades para a conciliación... Este caos xa se viu nestes días e así o transmitimos á directora xeral de Emprego Público na Comisión de Persoal do día 5 de xuño. Tamén afecta á falta de coberturas polo que se denegan permisos e vacacións.

É o momento de parar e defender os nosos dereitos.

Participa na folga e nas concentracións do martes 23 de xuño ás 11:00 horas.

  • Pontevedra: Edificio Administrativo Xunta de Galicia (Campolongo)
  • Vigo: CRAPD 1-Meixoeiro
  • A Coruña: Edificio Administrativo Monelos
  • Lugo: Edificio Administrativo Xunta de Galicia (Rolda da Muralla)
  • Ourense: Edificio Administrativo Xunta de Galicia (Casa de Chocolate)
  • Ferrol: Edificio Administrativo Xunta de Galicia
  • Compostela: Edificio Administrativo San Caetano ( explanada de arriba)

Se non podes acudir a estes lugares, faino diante do teu centro de traballo.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...