Novas por contido

Nesta xuntanza do 10 de xullo da Comisión de Persoal tratamos a situación caótica dos actos de elección de destino. O propósito da CIG é trasladarmos información completa e transparente e que se negocie, algo que botamos en falla. A modificación da resolución da elección de destino das escalas sociosanitarias (DOG do 13 de xullo) incluirá a eliminación de persoas falecidas e xubiladas e a adición de máis postos para códigos de dobre titulación e para persoal pedagogo. É posible que o luns 13 de xullo saia a elección de destino de infantil e persoal coidador.

A situación está sendo caótica, tendo en conta que é o maior movemento de persoal que se pode dar, debido a todos os procesos selectivos en marcha. Consideramos que estes espazos de negociación deberían ser un lugar de traballo e, por suposto, de negociación, e botámolo en falla. 

O propósito da CIG, nestas mesas, é poder sumar e trasladar información completa e transparente ao saír da xuntanza, que conleve que os traballadores e traballadoras comprendan que o que aquí se trata coa representación das persoas traballadoras é produtivo. 

Porén, publicación tras publicación no DOG, as últimas semanas están sendo un desastre recoñecido pola propia Administración, que ten que publicar correccións por cuestións de moito calado.

Vacantes que non saen nas eleccións de destino

O feito de que as caixas de postos se creen de cero, sen ter en conta o mapa total de vacantes que pasaron polos concursos de traslados, está sendo desolador entre as persoas traballadoras, que non entenden a que atende esta motivación de deixar tanta vacante atrás. Non ten explicación que se unha vacante pasou polo concurso de traslados, non pase polo acto de elección de destino.

É unha mágoa que o que tería que ser un acto satisfactorio, após aprobar un proceso selectivo, se converta nun calvario.

Escalas sociosanitarias: modificación da resolución de elección de destino o 13 de xullo

O luns publicarase no DOG unha modificación da resolución do 3 de xullo sobre o acto de elección de destino das escalas sociosanitarias. A DXEP di que farán modificacións —ao eliminar persoas que non poden elixir destinos (falecidas, xubiladas…)- e engadirán máis postos, tanto no caso daqueles códigos que teñan dobre titulación, como tamén postos que non exixan o requisito de carné de conducir no caso do persoal pedagogo.

Infantil e persoal coidador: publicación o 13 de xullo da elección de destino?

Canto a infantil e persoal coidador, a DXEP indicou en varias ocasións que o acto de elección de destino sería a primera quincena, así que lle solicitamos a data concreta de publicación no DOG, e a información que nos traslada é que «a ver» se sae este luns 13 de xullo. Coma sempre a directora é un libro aberto!

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...