- Detalles
No DOG do 30/10/2024 sae publicada a Resolución pola que se nomea ao tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña e OHH SORPRESA, todos/as os/as membros menos 1 do tribunal titular son persoal docente e no tribunal suplente, dous dos seus 5 membros tamén o son.
Creo que A Xunta aínda non se decatou de que este persoal xa non presta os seus servizos unicamente en centros de ensino e por iso nomea estes tribunais. Van a avaliarnos os que logo deberían ser os nosos compañeiros en moitos casos, pero que rematan sendo a patronal?.
Ademais de que isto é un menosprezo ao persoal aspirante a esas prazas, tamén o é ao resto do persoal funcionario da Administración Xeral e Especial da Xunta de Galiza, do que a Administración parece pensar que non temos suficientes coñecementos como para formar parte dun tribunal. Nin sequera se poden escudar nunha titulación específica ou en que hai que pertencer ao mesmo corpo ou a un superior, pois estamos falando de prazas da AP para as que non se require ningunha titulación e todo o persoal funcionario da Xunta é desa escala ou superior.
Estamos seguros que hai moitas escalas que están máis capacitadas para formar parte destes tribunais: gobernantía, xefes/as cociña, oficiais cociña, incluso calquer/a funcionario/a da escala AP subalterno/a, pois conviven a diario con persoal da escala ofertada e coñecen á perfección os traballos que deben realizar.
Unha vez máis fáltannos ao respecto metendo persoal dos corpos docentes en postos nos que debería estar persoal funcionario da Administración da Xunta.
Alguén se imaxina un tribunal de ensino no que os seus membros fosen veterinarios/as, médicos/as, titulados/as superiores...en fin, funcionarios/a da Administración Xeral?
Basta xa de menosprezos e de querer vendernos uns tribunais nos que a maioría dos seus membros descoñecen onde e que fan as persoas que van acadar un posto nese proceso.
- Detalles
No DOG do 31/10/2024 publican varias baremacións definitivas do concurso de estabilización da Lei 20/2021:
- Baremación definitiva da fase de concurso de determinados corpos, escalas e especialidades do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2:
- Escala de arquitectos técnicos
- Escala técnica de facultativos: especialidade de fisioterapia
- Baremación definitiva da fase de concurso de determinados corpos, escalas e especialidades.no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, do corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, e do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B:
- Corpo administrativo
- Corpo administrativo da Administración xeral
- Corpo de axudantes de carácter facultativo
- Escala técnica de cociña
- Baremación definitiva da fase de concurso de determinadas categorías do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galiza:
- Cat. 104. Intérprete de linguaxe de signos
A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas reflíctese no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www. xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
- Detalles
O do cobro, ou mellor dito non cobro, de conceptos nas nóminas do persoal bombeiro/a forestal e vixilante/emisorista do servizo de incendios é o conto de nunca acabar.
Por se xa fora pouco cos problemas que se sofren co cobro da nocturnidade, súmase tamén a falta de pago do traballo realizado en domingos e festivos.
Dende a CIG consideramos que se está a desprezar ao persoal que traballa no servizo de incendios. Non só porque non cobran o traballo realizado en quenda nocturna e en domingos e festivos mes a mes, como sí se fai no SERGAS e noutras consellerías, senón que inda por riba cando toca o mes de cobro (cada 3 meses) sofren continuos atrasos.
Así pois, coa entrada en vigor do novo acordo de condicións de traballo para o persoal funcionario, estes problemas de cobro que xa existían coa nocturnidade non fan máis que empeorar. Dende a CIG temos claro que este trato é inadmisible.
A todo isto, temos que sumarlle que a Consellería do Medio Rural non fixo ningunha intención de integrar ao persoal laboral descontinuo neste acordo, a pesar das nosas continuas peticións e de que así o establecía o acordo.
Todo iso fai que se manteña a discriminación e a desigualdade. E namentres a Consellería non para de dar excusa tras excusa para non pagarlle ao persoal as retribucións derivadas do seu traballo.
- Detalles
No DOG do 30/10/2024 publican as baremacións provisionais da fase de concurso de varios procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021 mediante o sistema de concurso oposición:
-
Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de recursos naturais e forestais, especialidade capataz. Ligazón
-
Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1. Ligazón
-
Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución. Ligazón
-
Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial. Ligazón
-
Corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de análises de laboratorio. Ligazón
-
Corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de técnicos facultativos, especialidade de fisioterapia. Ligazón
A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
As persoas baremadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais ante o tribunal no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.
As reclamacións presentaranse a través do Fides na epígrafe de inscrición en procesos selectivos. Para isto, a persoa aspirante accederá ao proceso de estabilización a que se refire esta resolución en que desexe formular reclamación, na epígrafe «Que podo facer?», presentación de alegacións ao baremo.
- Detalles
No DOG do 29/10/2024 publican a RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2023 das listas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galiza.
Publican a actualización definitiva de méritos correspondentes ao ano 2023 dos integrantes das listas para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos, escalas e especialidades que se especifican no anexo I desta resolución e a persoal laboral dos grupos e categorías que se determinan no anexo II.
As puntuacións totais das persoas integrantes das listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galiza, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe <Listas de contratación>.
As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.
- Detalles
A Inspección de Traballo e Seguridade Social citou nas súas dependencias da Coruña ao Consorcio e ás representantes do persoal por mor dunha denuncia da CIG.
Denunciamos que non se nos avisara da planificación das avaliacións dos centros, tanto psicosociais como do resto das visitas.
Dende a CIG denunciamos tamén ao Consorcio por non aplicar as medidas correctoras para minimizar os riscos psicosociais que se padecen nas escolas infantís. Estás medidas correctoras acordáronse no grupo de traballo, composto por representantes do Consorcio, a representación legal do persoal e o persoal técnico de Prevención de Riscos da Xunta e de Qualtis.
Entre todas as medidas acordadas, destaca pola súa transcendencia, a das reunións periódicas dos equipos das escolas. Tamén teñen unha importancia capital para minimizar os riscos para o persoal, a xestión dos chamamentos e a formación, que son outras das medidas que atallarían estes niveis elevadísimos de riscos.
O Consorcio, coa súa máxima de "non me dou por enterado, por tanto, onde está o problema?" nin sequera apareceu no acto. Nin respectan aos representantes das persoas traballadoras nin respectan á autoridade laboral.
Impresentábeis!!!!!
- Detalles
Na recente xuntanza da comisión de seguimento e control do procedemento de selección temporal do persoal funcionario sanitario da lei 17/1989 os responsables da Administración informaron das seguintes cuestións:
- Chamamentos realizados ao abeiro das listas: achégannos a relación de chamamentos dos anos 2021, 2022, 2023 e 2024, desagregado por categorías.
- Información sobre a previsión de publicación de actualización de listaxes: entre o día 21 e o 25 publicarán as listas definitivas. Informan de que nas provisionais dalgunhas categorías, ATS-DUE e Licenciado Sanitario, non estaban incluidas as notas da última OEP, pero que nas definitivas xa estarán incluidas. Na lista única non se verán, pero ao desagregar en clases (en función da titulación) xa se verá a nota última incoporada.
CIG
Protestamos polo nulo funcionamento da comisión de seguimento. Levamos catro anos sen ser convocados cando nos acordos da Comisión, asinados por Administración e sindicatos, indica que a comisión se reunirá, con carácter ordinario, unha vez cada seis meses.
Por outra banda, coa convocatoria non se nos achegou acta da reunión da última comisión co cal despois de catro anos é bastante difícil recordar o que se tratara entón e facer alegación algunha.
Insistimos en que o persoal funcionario sanitario da lei 17 é persoal do ámbito da función pública polo que as convocatorias deben ir dirixidas aos sindicatos con representación en dito ámbito. En todas as reunións temos que repetir o mesmo.
Con respecto á información que nos trasladan protestamos porque entendemos que non serve de nada ter un resumo dos chamamentos e das penalizacións e reclamacións a posteriori. Unha comisión de seguimento ten que funcionar para controlar eses chamamentos e para resolver as penalizacións ou reclamacións no momento en que ocorren e non tres anos despois. Non é transparente e non serve para nada.
Entendemos que a xestión destas listas non debería ser diferente á xestión do resto de listas de persoal da Xunta de Galiza polo que reiteramos a nosa petición de que dita xestión se leve a cabo dende Función Pública. Preguntamos pola intención da Consellería en que sexa así e se houbo xa algún contacto con Función Pública para tratar o tema.
Resposta da Administración
Discúlpanse polo retraso e polo incumprimento do acordo en canto ás sesións da comisión. Dín que teñen intención de traspasar canto antes as listas a Función Pública porque entenden que é o ámbito que lles corresponde e que xa tiveron contactos para facelo canto antes, pero que ata que rematen os procesos de estabilización Función Pública non pode poñerse con iso.
Comentan que mentres tanto tentarán cumprir cos prazos para as reunións e que tentarán remitirnos a acta de hai catro anos máis a acta desta reunión canto antes. Non se comprometen, xustificando que algunha das persoas que estaban por parte da Administración naquela reunión está xubilada.
UGT e CCOO
Na mesma liña que a CIG, insistindo en que se leve a xestión das listas dende Función Pública.
CSIF
As persoas que asistiron a esta xuntanza eran do sector da saúde polo que comunicaron que non podían opinar porque non tiñan coñecemento sobre ese tema aínda que entendían que era o lóxico.
- Detalles
No DOG do 23/10/2024 publican diversas baremacións provisionais da fase de concurso de procesos de estabilización:
- RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.
- RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, especialidade xurídica, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.
- RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de axentes de extensión pesqueira, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.
- RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.
- RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.
- RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de camiños, canles e portos, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.
- RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de terapia ocupacional, pola que se se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.
- RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.
- RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.
- RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.
- RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.
- RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios dos institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade navegación marítima, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.
A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
As persoas baremadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais ante o tribunal no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.
As reclamacións presentaranse a través do Fides na epígrafe de inscrición en procesos selectivos. Para isto, a persoa aspirante accederá ao proceso de estabilización a que se refire esta resolución en que desexe formular reclamación, na epígrafe «Que podo facer?», presentación de alegacións ao baremo.
- Detalles
No DOG do 22/10/2024 publican a RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, pola que se fai pública a baremación definitiva da fase de concurso de determinados corpos, escalas e especialidades.
Corpos, escalas e especialidades de persoal funcionario do subgrupo A1 en que se publica o baremo definitivo
- Corpo superior da Administración xeral
A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas publícase no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través de Fides poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas ás súas alegacións.
- Detalles
O pasado 9 de maio de 2024 a CIG solicitou unha reunión coa conselleira do Medio Rural. Nesa solicitude pedíase manter unha reunión de xeito urxente para tratar varios compromisos acadados polo goberno galego que de seguido se enumeran.
- Redacción do regulamento de funcións da nova escala de Axente Técnico en Xestión Ambiental.
- Grupo B. No momento que se chegara ao 40% de axentes que tiveran a titulación de acceso se convocaría un proceso para acceder o grupo B, tal e como recolle o Acordo asinado o 15 de setembro 2016.
- Prazas UIFO de nova creación. Tal e como recollían as medidas 26 e medida 27 anunciadas polo presidente da Xunta tras o ditame do Parlamento de Galicia elaborado a raíz da vaga de lumes do ano 2017.
- Creación prazas UDEX. Tal como recolle o PLADIGA do ano 2023, dado o contexto global no que se refire os grandes incendios forestais que se están a producir, os cales son cada vez máis devastadores e virulentos, é necesario crear formalmente na RPT esta unidade de xeito inmediato. Así se contemplaba tamén no programa electoral do PPdG na súa Medida 11, apartado de loita contra o lume:
-Desenvolvemento da unidade de directores de extinción e a aplicación do cadro de persoal da unidade de investigación de incendios forestais. - Concurso de traslados. Dado que está en marcha un concurso de traslados da escala de axentes ambientais, se a creación dos citados postos se produce sen posibilidade de que se poida a optar a eles no actual concurso, deberase convocar outro concurso, sen límite de permanencia como requisito, para que todo o persoal poida optar ás prazas citadas, tanto ás de nova creación na primeira fase, como de resultas na segunda.
- Acordo de condicións de traballo. Os efectos do cambio climático están a provocar a desestacionalización dos lumes. Esta situación fai necesaria a creación de novas especialidades que precisan de condicións horarias específicas que se deben plasmar nun novo acordo de condicións de traballo.
Para a CIG é necesario a dotación de prazas de nova creación como se recollía nos compromisos arriba mencionados. Cómpre lembrar que dende os inicios da creación do servizo de incendios, o persoal axente vén exercendo a dirección técnica de extinción no 99% dos incendios forestais que acontecen na comunidade autónoma de Galiza.
A creación da UIFO (Unidade de investigación de incendios forestais) no ano 2021 semella amosarse como unha medida exitosa plasmada nas numerosas detencións e investigacións levadas a cabo dende a súa creación.
Tempo despois botouse a andar a UDEX (Unidade de Directores de Extinción), creada “daquela maneira” no verán de 2023, con postos que non existen nin na RPT nin fóra, tal e como naquel momento denunciou publicamente a CIG. Esta situación anómala debe ser corrixida de xeito inmediato.
Ambas unidades precisan de ser dotadas de postos de nova creación, mais todo isto debe facerse sempre dentro da RPT da consellería, e nunca a costa de detraer postos existentes. Nese senso, a CIG xa se posicionou no seu día en contra da creación das 15 prazas da UIFO a conta de amortizar postos do dispositivo.
É necesario tratar un novo punto tras o acontecido esta campaña no pais veciño Portugal, onde sufriron novamente unha vaga incendiaria que provocou graves danos na masa forestal, nas vivendas e, tristemente, a perda de vidas humanas. Afortunadamente Galiza librouse desta lacra, pero recentemente varios expertos publicaron en prensa que isto mesmo puido acontecer no noso pais, polo que debemos prepararnos para o futuro que nos espera de grandes lumes devastadores.
Dado que na CIG non tivemos resposta á solicitude de xuntanza feita no mes de maio, vimos de dirixirnos novamente á conselleira reiterando a nosa petición de ser convocados a unha xuntanza para tratar todos os puntos expostos.
