Novas por contido

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26:

Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de posesión, non a teñen decidida, pero será na semana do 16 a 20 de novembro. Xustifica o retraso na necesidade de reorganizar en comisión de servizos e chamamentos de listas para as prazas non cubertas (principalmente por limpeza e condución, que non poden deixalas sen cobertura). 

Escala de A2-Inspección de turismo que están dende maio/2026 como persoal funcionario en prácticas: o tempo de prácticas finalizou o 31 de xullo. CIG reclamou que tomen medidas para que deixen de cobrar só unha parte das retribucións. A DXEP resposta que estas persoas serán convocadas a escoller destino definitivo na última semana de outubro.

Escala de A2-Consumo (promoción interna): a DXEP afirmou que na 2ª quincena de outubro serían chamadas a elección de destino. Temos información na CIG de que xa circula un listado de prazas que lles van ofertar (os sindicatos ainda non o temos), e que habería unha restricción importante de postos. Reclamamos que oferten todas as vacantes do concurso de traslados. A DXEP di que non o van facer así, que a súa obriga é ofertar un mínimo de prazas como de persoas convocadas, e que teñen prioridades. Denunciamos que están a restrinxir posibildiades ao persoal de promoción interna, tal e como xa pasou fai poucos días en corpos xerais. Esto é inaceptable, teñen que ofertar todas as vacantes. As persoas funcionarias non teñen por que asumir as consecuencias do mal facer da Administración e Xunta.

Proceso selectivo veterinarios/as 2024: cando rematen o proceso selectivo serán convocados/as para destino de inmediato, non terán que agardar por un novo concurso de traslados.

En canto á convocatoria de promoción interna a A2-Escala de inspección de consumo, na que ofertan 7 prazas (dos anos 2024, 2025 e 2026), vai ser por concurso-oposición. A CIG reclamou a eliminación do exame de desenvolvemento escrito de tema, ou alternativamente a súa substitución dunha proba tipo test. Rexeitamos a valoración do tempo en comisión de servizos no baremo de traballo desenvolvido. Rexeitamos o modelo restrictivo ás escalas que poden participar (sempre dende un criterio de reciprocidade que non están a permitir).

Outras novas recentes

Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...
Martes, 13 Outubro 2026

A Xanela. Boletín de CIG-Autonómica. Setembro/2026

Neste boletín: - E despois de todo isto? Que vai pasar cando rematen os concursos e tomas de posesión - Medio Rural asina acordos aos cachos para o persoal do SPIF - Concurso específico (a libre designación encuberta con estabilidade de 5 anos) - Movementos tras o concurso ou destino definitivo - Persoal non docente: chegou o momento de negociar Descargar
Martes, 13 Outubro 2026

Fondo de Acción Social de 2025: listaxe definitiva de persoas admitidas

No DOG do 13/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2025, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade....