Novas por contido

EGAP vén de convocar esta xornada que ten como obxectivo que o alumnado afonde no desenvolvemento de novas habilidades de xestión do tempo, así como no coñecemento de diferentes técnicas dirixidas a mellorar a produtividade e reducir a tensión mediante o adestramento e práctica da atención plena.

Contidos: no desenvolvemento desta actividade mesturaranse técnicas de xestión do tempo, organización e xestión de espazos, con técnicas de mindfulness (atención plena), relaxación e meditación, todo iso enfocado a mellorar a nosa produtividade, eficacia e eficiencia.

Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, tanto das administracións públicas da Comunidade autónoma de Galiza, como dos seus entes instrumentais, e das universidades galegas.No caso de non cubrir a totalidade das prazas convocadas, ás vacantes que resulten poderá acceder calquera profesional interesado/a na materia.

Lugar: EGAP, Compostela, aulas: 5/6

Data: 03/07/2019

Horario: 10.00-14.00 h e 16.00-20.00 h

Duración: 8 horas

Prazas: 80

Inscrición: dende o 19/06/2019 ás 08:00 h até o 25/06/2019 ás 23:55 h en https://egap.xunta.gal/matricula.
Criterios de selección: a orde de admisión virá determinada pola data e hora de presentación das solicitudes, dando preferencia ao persoal empregado público de acordo ao establecido no punto 3 da convocatoria.

Documentación complementaria: antes de formalizar a súa inscrición nesta actividade todas as persoas deben introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo cos requisitos de selección establecidos no punto 3 da convocatoria

Código: PU19015

Administración: AU|LO|UN|ES|OU|XU

Cualificación: asistencia

Edicións: 1

Plan: fondos da EGAP

Máis información: DOG núm. 114 do 18 de xuño de 2019.

Outras novas recentes

Mércores, 08 Outubro 2025

Paros laborais por Palestina. O 15 de outubro, tamén no traballo paremos o xenocidio!

Dende a CIG convocamos unha xornada de loita o 15 de outubro contra o xenocidio do pobo palestino. Chamamos a secundar os paros laborais de catro horas por quenda e a concentrarse nos centros de traballo, nas cidades e nas vilas do País. Anunciamos publicamente a convocatoria dunha xornada de paro xeral en Galiza para o vindeiro 15 de outubro para reclamar a fin do...
Martes, 14 Outubro 2025

Promoción interna de corpos xerais (MSF 13/10/25)

As bases das convocatorias de promoción interna separada para corpos xerais (A1, A2, C1 e C2), pasou pola Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Funcionario que tivemos o luns 13 de outubro. Para a súa publicación en DOG falta que queden aprobadas nunha futura Comisión de Persoal. As convocatorias recollen as prazas das OEP dos anos 2022 e 2023. A CIG solicitou a...
Martes, 14 Outubro 2025

Manifestación de bombeiras/os forestais en Madrid o 18 de outubro

A CIG, que participa coa Plataforma de bombeiras e bombeiros forestais nesta loita, chama a todas as compañeiras e compañeiros do colectivo a participar nesta manifestación. COMUNICADO A realidade golpea con contundencia, as condicións climáticas mostran o novo camiño dun novo escenario moito máis complexo no mundo dos incendios forestais e as diversas continxencias que se...