Novas por contido

No DOG do 08/11/2021 publican:

- RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 017 do grupo II, asistenta/e social, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza.

- RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos correspondentes á fase de concurso do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo I, titulado/a superior médico, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza.

No prazo dos 10 días hábiles seguintes ao da publicación das correspondentes resolucións no DOG, as persoas aspirantes actuarán do xeito que se indica nos mesmos.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Mércores, 18 Novembro 2026

RPT do Mar (centros de ensino) (26/11/26)

A Secretaría Xeral do Mar convocounos a unha xuntanza para o xoves 26 de novembro, para tratar unha proposta de modificación da súa Relación de Postos de Traballo. A proposta afecta ás escolas oficiais nautico-pesqueira de Ferrol e Ribeira, ao instituto en acuicultura da Illa de Arousa e ao instituto marítimo-pesqueiro do Atlántico de Vigo. En todos eles crean postos de...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...