Novas por contido

No DOG do 08/11/2021 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2021 pola que se modifica o anexo da Resolución do 25 de agosto de 2021 pola que se convoca o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro forestal xefe de brigada, do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, polo persoal laboral fixo pertencente á categoría 100 do grupo III (bombeiro/a forestal xefe/a de brigada) do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galiza, mediante o seu cambio de vínculo xurídico.

Inclúen o código de posto MRC995011132190067.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...